capitolino -na

capitolino -na

topónimo Capitolio

Plural: capitolinos Masculino: capitolino Masculino plural: capitolinos Feminino: capitolina Feminino plural: capitolinas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao Capitolio.

  2. tríade capitolina [MIT ]

    Conxunto de divindades romanas, asociadas nun mesmo culto, composto por Xúpiter, Xuno e Minerva.

  3. xogos capitolinos [HIST ]

    Xogos de carácter anual en honor ao deus Xúpiter, instituídos por Furio Camilo en lembranza da liberación do Capitolio en 389 a C.

Citas

  • Xúpiter capitolino, Loba capitolina