"Piper" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto gabeador, da familia das piperáceas, de follas simples, verdes, lanceoladas e coriáceas.
-
-
Liana dioica, da familia das piperáceas, de follas glabras, ovadas e acuminadas.
-
Froito bacciforme da planta homónima, de propiedades diuréticas e antisépticas das vías urinarias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
piperonal.
-
-
Planta herbácea moi aromática, que pertence ao xénero Mentha, da familia das lamiáceas, que presenta follas opostas e flores actinomorfas. Moitas das especies proporcionan esencias,e a máis coñecida é a M. piperita.
-
Infusión que se obtén da planta da menta.
-
Licor preparado con menta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcohol terpénico monocíclico opticamente activo que, en forma de l-mentol, está presente na esencia da Mentha piperita, que ten propiedades antisépticas, refrescantes e levemente anestésicas.
-
-
Rubideira, da familia das piperáceas, que presenta follas elípticas agudas e coriáceas, flores pequenas agrupadas en espiga, e froito en drupa, rico en aceites volátiles, que constitúen a pementa.
-
Árbore perennifolia, da familia das anacardáceas, dicoica, resinífera, que presenta follas pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores pequenas, brancas e paniculadas, e froito rosado, semellante, na medida e no gusto, á pementa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida espirituosa constituída por 2 g de esencia de menta piperina disolta en 500 g de alcohol e 500 g de xarope de azucre.
-
-
Relativo ou pertencente ás piperáceas.
-
Planta da familia das piperáceas.
-
Familia de plantas da orde das piperais, que presenta follas simples, enteiras, xeralmente alternas e con estípulas, de flores hermafroditas ou unisexuais, dispostas en espigas ou en cimas mestas, e froito en baga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico saturado que se emprega en medicina como antihelmíntico, diurético e disolvente do ácido úrico, como insecticida e como inhibidor da corrosión.
-
-
Relativo ou pertencente ás piperais.
-
Planta da orde das piperais.
-
Orde de dicotiledóneas monoclamídeas, composta por plantas herbáceas ou leñosas, de follas simples, flores pequenas reunidas en inflorescencias mestas, e froito en baga ou en drupa.
-