menta

menta

lat menta gr μ ἱ νθα

Plural: mentas
  1. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea moi aromática, que pertence ao xénero Mentha, da familia das lamiáceas, que presenta follas opostas e flores actinomorfas. Moitas das especies proporcionan esencias,e a máis coñecida é a M. piperita.

  2. s f

    Infusión que se obtén da planta da menta.

  3. s f

    Licor preparado con menta.

Refráns

  • Non sei que ten a menta, que nunca mal senta.