"Notre" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 10.

  • Aplícase aos marsupiais e aos monotremas por ser mamíferos desprovistos de placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conduto subterráneo para recoller as augas pluviais ou fecais das rúas e dos edificios dunha poboación e conducilas á rede xeral de saneamento ou, nos lugares sen urbanizar, a unha fosa séptica.

      2. Depósito que recolle as augas e os residuos fecais dunha poboación.

      3. Lugar sucio que provoca noxo.

    1. Orificio onde desembocan o recto e os condutos urinarios e xenitais, especialmente nos anfibios, réptiles, aves e mamíferos monotremas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma curvada como o peteiro do corvo.

    2. Cada un dos dous ósos que forman parte da cintura escapular de moitos vertebrados situados na cara ventral por diante das clavículas. Tm adx.

    3. Proxección do ángulo anterior da omoplata dos mamíferos, a excepción dos monotremas, que serve para o sostemento e a articulación das extremidades superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero ovíparo monotrema, da familia dos taquiglósidos, que se caracteriza por presentar o dorso cuberto de espiñas, a cabeza pouco diferenciada do corpo e un fociño longo e estreito cunha boca carente de dentes e un padal e a lingua provistas de fileiras de pequenas espiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monotremas.

    2. Mamífero da orde dos monotremas.

    3. Orde de mamíferos, da subclase dos prototerios, que presentan un bico córneo e unha cloaca por onde expulsan os ovos dos que nacen as crías, que maman o leite que se desprende das glándulas mamarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero monotrema, da familia dos ornitorrínquidos, que presenta o corpo plano, cunha cola ampla e deprimida, as patas palmeadas, rematadas en cinco dedos, e a cabeza cun peteiro alongado e deprimido no extremo. O corpo está completamente recuberto dunha pelame de cor parda na parte superior e máis clara na inferior. É de costumes acuáticos e moi áxil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitorrínquidos.

    2. Mamífero da familia dos ornitorrínquidos.

    3. Familia de mamíferos prototerios, da orde dos monotremas, que se caracterizan pola presenza de peteiro e por ser acuáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Célula que resulta da fecundación dun gameto feminino por un masculino, totipotente para desenvolver un novo organismo que reproduce os caracteres xenéticos dos seus reprodutores. Presenta polaridade, co que é capaz de orientarse.

      2. Gameto feminino non fecundado.

      3. óvulo.

      1. Corpo redondo, coa casca máis ou menos calcaria, posto pola femia de ave, réptil ou mamífero monotrema.

      2. Ovo de galiña doméstica destinado a alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos taquiglósidos.

    2. Mamífero da familia dos taquiglósidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos monotremas, que se caracterizan por ter o corpo arredondado e o pelame duro e rodeado con pugas aguzadas e fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO