ovo

ovo

lat ōvu

Plural: ovos
  1. s m
    1. Célula que resulta da fecundación dun gameto feminino por un masculino, totipotente para desenvolver un novo organismo que reproduce os caracteres xenéticos dos seus reprodutores. Presenta polaridade, co que é capaz de orientarse.

    2. Gameto feminino non fecundado.

    3. óvulo.

  2. s m
    1. [BIOL ]

      Corpo redondo, coa casca máis ou menos calcaria, posto pola femia de ave, réptil ou mamífero monotrema.

    2. [ALIM ]

      Ovo de galiña doméstica destinado a alimentación humana.

Refráns

  • Non é polo ovo senón polo foro.
  • O primeiro ovo saíume grolo.
  • Ovo sen sal non fai ben nin fai ma!.
  • Ovos sós, comida por todo.