ornitorrinco

ornitorrinco

ornito- + -rinco

Nome científico: Ornithorhynchus anatinus Plural: ornitorrincos
s m [ANIMAL ]

Mamífero monotrema, da familia dos ornitorrínquidos, que presenta o corpo plano, cunha cola ampla e deprimida, as patas palmeadas, rematadas en cinco dedos, e a cabeza cun peteiro alongado e deprimido no extremo. O corpo está completamente recuberto dunha pelame de cor parda na parte superior e máis clara na inferior. É de costumes acuáticos e moi áxil.