"NBER" (En toda a entrada)

Amosando 6 resultados de 6.

    1. Relativo ou pertencente a Canberra, Australia, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Canberra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema musical ideado por Arnold Schönberg na década de 1920, que consiste en estruturar cada obra musical sobre unha serie de doce sons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de ferro e calcio que pertence ao grupo dos piroxenos e cristaliza no sistema monoclínico. É de cor verde escura ou negra e ten un brillo vidroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte principal dunha cousa ao redor da que se desenvolven ou rexen os demais elementos.

      1. Parte do átomo en que se concentra case toda a súa masa e toda a carga eléctrica positiva, e que está formado por protóns e neutróns.

      2. Parella de núcleos atómicos constituídos polo mesmo número total de nucleóns, pero de tal xeito que o número de neutróns dun é igual ao de protóns do outro.

    2. Glóbulo esférico ou elipsoide que contén a maioría do ADN da célula e que dirixe a síntese celular.

    3. Esfera central da Terra que está situada baixo a descontinuidade de Gutenberg, que a separa do manto e que se estende por debaixo dos 2.900 km.

    4. Lugar onde se concentra un maior número de persoas ou actividades.

    5. Persoa ou cousa que se converte no centro de atención.

    6. Grupo de individuos cunha especial cohesión social, ideolóxica ou política.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea conxénita e hereditaria que consiste nun aumento do tecido óseo compacto en detrimento do tecido esponxoso debido a unha alteración da reabsorción osteoclástica fisiolóxica, que se caracteriza por unha gran fraxilidade ósea que ocasiona fracturas espontáneas. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Albers-Schönberg ou enfermidade marmórea dos ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta perenne, da familia das campanuláceas, que presenta as follas palmatinervias e pecioladas, e flores solitarias e azuis.

    VER O DETALLE DO TERMO