osteopetrose
osteopetrose
osteo- + -petro- + -ose
s
f
[PAT ]
Afección ósea conxénita e hereditaria que consiste nun aumento do tecido óseo compacto en detrimento do tecido esponxoso debido a unha alteración da reabsorción osteoclástica fisiolóxica, que se caracteriza por unha gran fraxilidade ósea que ocasiona fracturas espontáneas. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Albers-Schönberg ou enfermidade marmórea dos ósos.