"Mut" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 200.

  • Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita en presenza mutua, co fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de chumbo, bismuto e cobre que cristaliza no sistema rómbico e é de cor gris escura. OBS: Tamén se denomina aikinita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.

    2. Ángulo que, no rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.

    3. Ángulo formado entre a dirección desde un punto a unha  antena e a dirección do meridiano.

    4. Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao acimut.

    2. Goniómetro que se emprega para medir acimuts.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resolución tomada por unha persoa ou colectividade.

    2. Harmonía entre dúas ou máis persoas.

    3. Facultade de lembrar ou traer á memoria un feito do pasado.

    4. Idea que vén á memoria.

    5. Decisión da administración pública adoptada preferentemente por un órgano colexiado.

    6. Convenio entre estados para establecer unha regulación común sobre cuestións de interese mutuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adherir ou adherirse.

    2. Acto polo que un estado acepta as obrigacións dun tratado concluído por outros estados.

    3. Forza que se opón á separación de dous corpos postos en contacto íntimo e que é debida á atracción mutua das moléculas.

    4. Fenómeno por medio do que dúas superficies se manteñen xuntas por forzas intermoleculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de engadir.

    2. Cousa engadida a outra.

    3. Operación que consiste en facer corresponder a cada parella de elementos dun conxunto outro elemento do mesmo conxunto, denominado suma. Ten as propiedades conmutativa e asociativa.

    4. Acumulación de efectos dun determinado número de estímulos illados subliminares que actúan sobre unha estrutura ata o punto de chegar ao cumio de excitación da mesma.

    5. Composto que resulta dunha reacción química na que dúas moléculas se xuntan para formar unha molécula única.

    6. Reacción orgánica na que os elementos dunha molécula simple se adicionan sobre outra que contén un enlace dobre ou triplo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aliar.

    2. Que está unido por alianza.

    3. Persoa ou entidade unida a outras por un compromiso de axuda mutua.

    4. Conxunto de estados que loitaron contra Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía na Primeira Guerra Mundial e tamén os adversarios das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial. Adoita empregarse para referirse aos estados que colaboran con EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que serve para definir visuais e trazalas simultaneamente sobre a prancha topográfica.

      1. Regra cunha pínnula en cada extremo que se coloca enriba da agulla maxistral para obter marcacións e demoras.

      2. Elemento construído para ser adaptado a unha agulla ou a un repetidor da agulla xiroscópica.

      3. Tipo correspondente a unha alidada acimutal, que grazas á combinación dun prisma e dun espello é idónea para atopar o acimut dun astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposibilidade para interrelacionarse as poboacións, razas ou especies por unha separación xeográfica ou por ser mutuamente excluíntes ao habitaren en rexións adxacentes.

    VER O DETALLE DO TERMO