acimut

acimut

ár as-simūt por as-sumūt, pl de as-samt ‘a dirección, o cénit’

Plural: ácimos
  1. s m

    Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.

  2. s m [FÍS ]

    Ángulo que, no rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.

  3. s m [TECNOL/COMUN ]

    Ángulo formado entre a dirección desde un punto a unha  antena e a dirección do meridiano.

  4. s m [XEOG ]

    Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa.