"Mine" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 505.

  • Forma sufixada de orixe grega que se utiliza na formación de nomes de minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘semellante a’ ou para formar grupos de animais, plantas ou minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido que se utiliza, sobre todo en forma de xabón, como emulsionante de aceites minerais, graxas e ceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa cristalina que se utiliza, sobre todo en forma de xabón, como emulsionante de aceites minerais, graxas e ceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro que se utiliza como absorbente de gases ácidos e, en forma de xabón, como emulsionante de aceites minerais, graxas e ceras. OBS: Tamén se denominada isobutanolamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.

    2. Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.

    3. Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.

    4. Renuncia a proseguir nunha competición.

      1. Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.

      2. Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.

    5. Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.

    6. Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentir gran repugnancia por algo ou alguén.

    2. Xulgar condenatoriamente a unha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida da enerxía radiante absorbida pola materia.

    2. Técnica de diagnose baseada na irradiación corporal de fotóns que, ao atravesar o organismo, son absorbidos especialmente polos tecidos mineralizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acompaña ou depende do principal.

    2. Anexo ou complemento dunha cousa que non constitúe o corpo principal.

    3. Adorno, ornamental ou funcional, que acompaña as pezas de vestir.

      1. Dispositivo que se monta nunha máquina para modificar o seu funcionamento básico.

      2. Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar o seu funcionamento.

    4. Obxecto ou dereito que acompaña a outro principal, do que depende a súa existencia.

    5. Cada un dos pequenos elementos que completan o paramento da decoración, usados especialmente a efectos de composición.

    6. Mineral que se atopa formando parte dunha rocha en pequenas cantidades.

    7. Unidade lingüística morfoloxicamente independente, cunha significación que só aparece en combinación con outras unidades, adoitando por isto ser incapaz de presentarse soa nunha comunicación axeitada.

    VER O DETALLE DO TERMO