"Mario" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 79.

  • Monosacárido con función redutora pseudoaldehídica. Existe nunha forma heterocíclica (piránica ou furánica), cun carbono primario semiacetálico, en equilibrio cunha forma aldehídica acíclica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se propaga en sentido contrario ao habitual.

    2. Aplícase á ramificación en que as follas ou flores aparecen dispostas en hélice, de sentido contrario á do eixe primario.

    3. Transmisión do impulso nervioso en sentido contrario ao fisioloxicamente habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble alto con portas que contén dentro colgadoiros, caixóns e estantes para a colocación de obxectos.

    2. Oco practicado nunha parede destinado aos mesmos usos ca o moble.

    3. Armario destinado a gardar nel a roupa de uso persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo orixinal ou primario que serve de modelo.

    2. Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.

    3. Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.

    4. Cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles, segundo a filosofía de Platón.

    5. Códice que serve de modelo a unha familia de manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformador provisto dun único enrodelamento por columna que fai simultaneamente os papeis de primario e de secundario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente destinado a conter bálsamos, esencias ou perfumes, e utilizado en contextos culturais romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto do hinduísmo ‘devoción’, que consiste nunha relación persoal e nunha amorosa actitude de dependencia e de piedade, concreta e existencial, do bhakta cara a Deus nos seus avatāra como obxecto primario e supremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo mes do calendario republicano francés (1792-1806), correspondente ao intervalo do 22 de outubro ao 20 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fechadura non fixa provista dunha barra que se introduce nas argolas dunha caixa, armario ou porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.

      2. Contido dunha caixa.

      3. Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.

      4. Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para recoller a fariña que cae ao moer o gran.

      5. Caixa de madeira, formigón ou aceiro que se emprega para cimentar o terreo.

      6. Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.

      7. Armario pequeno con medicamentos e utensilios farmacéuticos para casos de urxencia.

    1. Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO