"Jung" (En toda a entrada)

Amosando 7 resultados de 7.

  • Arquetipo da psique feminina, segundo a psicoloxía de C. G. Jung, que representa a súa masculinidade inconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo orixinal ou primario que serve de modelo.

    2. Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.

    3. Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.

    4. Cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles, segundo a filosofía de Platón.

    5. Códice que serve de modelo a unha familia de manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás calobriais.

    2. Hepática da orde das calobriais.

    3. Orde de hepáticas da subclase das jungermánidas, de pequenos talos erectos que portan tres series de pequenas estruturas foliosas iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á tendencia destrutiva que impulsa cara a actitudes primitivas agresivamente egoístas, blasfemas e antisociais, na psicoloxía de Jung.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás hepaticais.

    2. Briófito da subclase das hepaticais.

    3. Subclase de hepáticas que presentan aparato vexetativo folioso ou taloide, células con numerosos cloroplastos, esporófito desprovisto de estomas, seta desenvolvida e carentes de columela. Comprende as ordes jungermanniais, esferocarpais e marchantiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é propio da rexión iranio-turánica.

    2. Rexión bioxeográfica que comprende unha gran parte do Oriente Próximo e da Asia Media, desde as terras interiores de Turquía e de Israel ata Jungaria e as ribeiras do Indo, que presenta clima continental e vexetación característica da estepa e do deserto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao querigma.

    2. Movemento teolóxico iniciado na década de 1930 por J. A. Jungmann e seguido por K. Rahner e M. Schmaus, que criticou o conceptualismo e desequilibrio da teoloxía que imperaba no catolicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO