hepatical

hepatical
Plural: hepaticais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás hepaticais.

  2. s f [PLANTA ]

    Briófito da subclase das hepaticais.

  3. s f pl [PLANTA ]

    Subclase de hepáticas que presentan aparato vexetativo folioso ou taloide, células con numerosos cloroplastos, esporófito desprovisto de estomas, seta desenvolvida e carentes de columela. Comprende as ordes jungermanniais, esferocarpais e marchantiais.