"Ibi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1462.

  • Forma sufixada nominal que se emprega na formación de palabras co significado de ‘digno de’, ‘posibilidade de practicar ou sufrir unha acción’. OBS: Tamén se admite a forma -bel (pl -beis).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano presente nas clases dos insectos, quirópteros e aves, que posibilita o voo.

    2. Toda superficie horizontal e plana que serve para estabilizar o voo.

      1. Cada un dos corpos laterais que se estende aos lados do principal nun edificio de planta composta.

      2. Parte dunha edificación diferente da zona principal nun edificio, construción ou calquera outro espazo con división arquitectónica.

      3. Partes laterais dun escenario de teatro.

    3. Xogador ou grupo de xogadores que se posicionan nos extremos do terreo de xogo.

    4. Expansión laminar, foliácea ou membranosa que se estende pola superficie de diversas estruturas como flores, froitos, talos e pecíolos.

      1. Cada un dos grupos de barcos dunha escuadra que se sitúa aos costados.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.

    2. Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.

    3. Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.

    4. Renuncia a proseguir nunha competición.

      1. Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.

      2. Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.

    5. Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.

    6. Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imposibilidade de camiñar.

    2. Abasia propia dos enfermos que sofren corea de Sydenham.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a técnica abbevilliana ou ao Abbevilliano.

    2. Técnica de percusión baseada na talla periférica, asimétrica e sobre zafra dorminte empregada para obter bifaces e outros artefactos.

    3. Tecnocomplexo do Paleolítico Inferior que se desenvolveu durante un período interglaciario cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheuliano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inscribir a alguén para que teña dereito, mediante o pagamento por anticipado dunha cantidade de diñeiro, a gozar de calquera servizo.

    2. Inscribirse para obter o dereito, mediante o pagamento por anticipado dunha cantidade de diñeiro, a gozar de calquera servizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interrupción ou imposibilidade de levar a cabo unha acción ou proxecto.

    2. Feto parido prematuramente.

    3. Expulsión do feto cando aínda non é viable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desgaste por fricción.

    2. Raspadura feita sobre un pergameo ou sobre outros soportes previamente escritos co fin de volver escribir por riba.

      1. Acción de destruír, extirpar, exulcerar ou separar cirurxicamente.

      2. Exulceración dos fragmentos mucosos miúdos.

      3. Destrución, por desgaste, dos tecidos duros do dente, esmalte e dentina.

      4. Método empregado en dermatoloxía para corrixir unha cicatriz vizosa.

    3. Acción irritante dos purgantes drásticos.

    4. Técnica de gravado empregada habitualmente na realización de petroglifos.

    5. Proceso de erosión ou desgaste das rochas por acción mecánica, rozamento ou fricción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer accesible aquilo que está pechado ou tapado, levantando, movendo ou extraendo aquilo que o pecha.

    2. Estender as partes dalgunha cousa de xeito que se incremente o seu tamaño.

    3. Accionar un dispositivo para poñer en marcha algo.

    4. Dar comezo unha actividade, poñer en marcha un negocio.

    5. Deixar ao descuberto algo, separando as partes que o pechan ou cobren.

    6. Facer unha incisión no corpo dun animal no transcurso dunha intervención cirúrxica.

    7. Ampliar as gretas que hai entre dúas táboas dunha embarcación de madeira para poder introducir a estopa.

    8. Producirse unha fenda ou abertura.

    9. Principiar algo as súas tarefas de xeito habitual.

    10. Estenderse os pétalos e sépalos dunha flor que permanecían pechados no abrocho.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO