abrasión

abrasión

lat abrāsiōne ‘acto de tirar raspando’ abrādere ‘raspar, furtar’

Plural: abrasións
  1. s f

    Acción de desgaste por fricción.

  2. s f [HIST/ESCR ]

    Raspadura feita sobre un pergameo ou sobre outros soportes previamente escritos co fin de volver escribir por riba.

  3. s f
    1. Acción de destruír, extirpar, exulcerar ou separar cirurxicamente.

    2. Exulceración dos fragmentos mucosos miúdos.

    3. Destrución, por desgaste, dos tecidos duros do dente, esmalte e dentina.

    4. Método empregado en dermatoloxía para corrixir unha cicatriz vizosa.

  4. s f [PAT ]

    Acción irritante dos purgantes drásticos.

  5. s f [PREHIST/ARTE ]

    Técnica de gravado empregada habitualmente na realización de petroglifos.

  6. s f [XEOG ]

    Proceso de erosión ou desgaste das rochas por acción mecánica, rozamento ou fricción.