"INTA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 641.

    1. Relativo ou pertencente aos abbásidas.

    2. Membro da dinastía abbásida.

    3. Dinastía árabe instalada en Bagdad. O primeiro califa foi Abū-I-Abbās al-Saffāḥ. No califato abbásida sucedéronse trinta e sete soberanos que reinaron durante cincocentos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.

    2. Movemento polo que un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.

      1. Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.

      2. Hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela.

    3. Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.

    4. Dislocación ou ruptura dunha formación militar, na Roma antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos ardeidos, de plumaxe castaña pinta e riscada de escuro e patas longas e de cor verde. É de hábitos crepusculares e vive en zonas húmidas.

    2. Ave da familia dos ardeidos, de aspecto moi semellante ao abetouro. É propia de EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto mes do ano no calendario gregoriano e segundo mes do primitivo ano romano que consta de trinta días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno psíquico que comporta construír a oración sen ter en conta as regras da sintaxe nin as da prosodia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de tipo sintáctico que consiste na acumulación de palabras ou sintagmas do mesmo tipo, natureza ou función para acadar unha gran forza expresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea do xénero Rumex, da familia das poligonáceas, que posúe unhas follas que se consomen en ensalada.

    2. Oxalato de hidróxeno e potasio, que se atopa na aceda. Emprégase para sacar manchas de ferruxe e de tinta, para limpar madeira e para decolorar estearina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe, da familia dos soleidos, semellante ao linguado, co lado ocular de cor ocre avermellada e con algunhas pintas escuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.

    2. Ángulo que, no rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.

    3. Ángulo formado entre a dirección desde un punto a unha  antena e a dirección do meridiano.

    4. Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quinta parte da retórica, que consiste na posta en escena do discurso ante o auditorio e procura captar a atención dos destinatarios e deleitalos.

    2. Xeito de facer valer un dereito nun proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO