"Excel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 31.

  • Gabar as excelencias dun mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos almohades.

    2. Individuo da seita islámica almohade da tribo bérber dos masmuda.

    3. Seita islámica fundada por Muḥammad ibn Tumart, da tribo bérber dos masmuda nos confíns do Atlas. Defendía a existencia dun deus único e as excelencias do Alcorán e a suna ante o crecente antropomorfismo relixioso dos musulmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anagoxía.

    2. Tendencia construtiva que impulsa cara a aquilo que é excelso e ideal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propio dunha antoloxía ou digno de formar parte dela.

    2. Que é excelente ou digno de ser destacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos belónidos

    2. Peixe da familia dos belónidos.

    3. Familia de peixes da orde dos beloniformes, que se caracterizan por ter longuísimos maxilares e aletas pectorais relativamente pequenas, amais de ser excelentes nadadores, voraces e carniceiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos beloniformes.

    2. Peixe da orde dos beloniformes.

    3. Orde de peixes mariños da subclase dos actinopterixios que conta con individuos excelentes nadadores, voraces e carniceiros, que posúen aletas de radios brandos e escamas cicloideas moi pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento da táboa periódica, do grupo dos metais nobres, de número atómico 29 e peso atómico 63,546. Os seus sales empréganse para loitar contra certas enfermidades das árbores froiteiras. O seu uso industrial baséase nas súas propiedades fundamentais: condutividade eléctrica elevada, excelente condutividade térmica e aceptable resistencia á corrosión.

      2. Po cristalino de cor verde que se emprega como insecticida e tamén como pigmento en pinturas náuticas. OBS: Tamén se denomina verde de París ou verde de Schweinfurt.

      3. Sólido vermello que existe en estado natural (cuprita) e que se emprega como colorante vermello de certos vidros e cristais.

      4. Sólido cristalino que se emprega como colorante verde de vidros.

      5. Sal de cobre que se presenta en forma de cristais azuis e que se emprega para tinguir la e seda, en electrometalurxia e galvanoplastia.

    1. Instrumentos musicais metálicos de vento da orquestra.

    2. calcosina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave con patas moi longas, de catro dedos, plumaxe gris salferida de branco, peteiro recto e delgado, ás curtas e arredondadas, e cola longa e estreita. Aliméntase basicamente de réptiles e insectos e é unha excelente corredora.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Adoración relixiosa a alguén ou a algunha cousa.

      2. Acto polo que o home se suxeita a Deus en sinal de recoñecemento da súa excelencia e superioridade.

      3. Conxunto de cerimonias que se realizan para render homenaxe a aquilo que se adora.

    1. Estima e respecto que se ten por algo material ou inmaterial.

    2. Adhesión, veneración e submisión incondicionais, xeralmente carentes de todo sentido crítico, que se tributa a algunhas persoas que as fomentan en virtude de mecanismos obsesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de excelente.

    2. Tratamento honorífico outorgado, antigamente, aos emperadores e aos reis; logo, estendeuse aos príncipes, aos duques soberanos, aos cardeais e aos bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO