"EPA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1480.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘negación, privación, separación, afastamento’. OBS: Presenta o alomorfo an- cando vai diante de vogal ou h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘separación, privación, afastamento’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.

    2. Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente.

    3. Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle falta a respiración ou o alento.

    2. Que está molesto ou importunado por unha situación que non é agradable.

    3. Que está cuberto de bafo.

    4. Que desprende un olor desagradable.

    5. Que ten vergoña.

    6. Que se ve sobrepasado pola adversidade ou dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repartimento provisional que se fai dunha herdanza co gallo da ausencia dalgún herdeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situar unha embarcación en paralelo e co costado moi próximo a outra ou ao peirao de xeito que só quedan separadas polas defensas.

    2. Chocar unha embarcación contra outra con máis ou menos violencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer caer ou botar ao chan algo.

    2. Matar con violencia facendo caer ao chan.

    3. Baixar ou facer descender unha cousa erguida ata deitala.

    4. Facer perder a alguén a forza física ou moral, a coraxe ou o vigor.

    5. Mostrar un xogador as súas cartas para demostrar que ten a máxima xogada.

    6. Caer ou vir para abaixo algo que estaba erguido.

    7. Perder a forma e a forza física ou ben a moral, a coraxe ou o vigor.

    8. Inclinarse un corpo cara ao chan.

    9. Separarse unha nave cara a sotavento do rumbo que tiña que seguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separar un membro ou extremidade do plano medio do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.

    2. Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan do valor medio obtido co total das observacións.

    3. Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo.

      1. Discrepancia, nun sistema óptico, entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.

      2. Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe.

      3. Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico.

      4. Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor.

    4. Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas.

    5. Fenómeno polo que a dirección aparente en que se ve un astro é diferente da dirección real.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abrir.

    2. Que sufriu abertura.

    3. Que permite o paso.

    4. Que non presenta obstáculos.

    5. Que está falto de protección ou defensa.

    6. Que se pode utilizar ou é de uso libre.

    7. Que se comunica co exterior.

    8. Que presenta unha fendedura.

      1. Que manifesta unha actitude comprensiva e receptiva fronte a situacións ou criterios diversos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO