"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

      1. Parte inferior ou pendente dalgunhas pezas do vestiario con voo.

      2. Parte inferior do sombreiro que rodea a copa, sobresaíndo dela, e que se desprega a ambos os lados.

    1. Parte do tellado que sobresae e favorece o estancamento e posterior canalización da auga da choiva.

    2. Pendente ou declive que presenta un monte, un outeiro, unha montaña ou calquera outra unidade de relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce ablación.

    2. Aplícase aos materiais que se empregan no revestimento dos vehículos espaciais para absorber a calor que se produce cando o vehículo retorna á atmosfera.

      1. Caso da declinación do indoeuropeo que perdura nalgunhas linguas.

      2. Caso latino que indica numerosas nocións circunstanciais e adoita ir acompañado de preposicións.

      3. Na gramática latina, construción constituída por un participio que concorda cun nome en ablativo sen preposición que vai na súa mesma oración e realiza a función de suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declarar unha absolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita en presenza mutua, co fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto producido pola actividade dunha cousa sobre outra.

    2. Actividade que se produce ao realizar algo.

    3. Acto de outorgar o obxecto do documento segundo o desexo do peticionario.

    4. Feito de armas, especialmente, combate entre forzas pouco numerosas.

      1. Facultade para esixir aos órganos xudiciais do estado que diten resolución sobre un conflito ou sobre unha petición mediante proceso.

      2. Acción civil ou penal incoada polo xuíz ou tribunal por ministerio da lei, a iniciativa do ministerio fiscal ou a iniciativa propia.

    5.   Cada unha das partes en que debe estar representado obrigatoriamente o capital das sociedades anónimas e das comanditarias por acción.

      1. Manifestación dunha capacidade activa, contraposta á paixón, ou dunha función ou capacidade física do home, por oposición á idea ou pensamento.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito realizado polo home, efecto dunha determinación da vontade.

    2. Acontecemento ou feito público.

    3. Estado de existencia real que se opón á potencia na filosofía de Aristóteles.

    4. Unidade significativa de produción verbal na que concorren a un mesmo tempo pronuncia e significado, intención coa que se dixo algo e repercusións que ten o que se dixo.

    5. Cada unha das partes nas que se divide unha obra escénica, separada das outras por un intervalo.

    6. Declaración de vontade, de xuízo, de coñecemento ou de desexo realizado pola administración pública no exercicio dunha potestade administrativa distinta da regulamentaria.

    7. coito.

    8. Acto que fai referencia ao cumprimento da función pública por parte dun funcionario, especialmente por parte dun militar ou dun axente armado.

    9. Acto que, segundo a escolástica, provén dunha decisión libre e persoal.

    10. Acto anormal que realiza un enfermo mental.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir en auxilio de alguén.

    2. Ir alguén a onde o reclaman ou atraído por interese propio.

    3. Recorrer a alguén buscando auxilio ou axuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribuír a culpabilidade de algo a alguén.

    2. Denunciar algunha cousa ou dar indicios.

    3. Exercer unha acción penal.

    4. Declarar ter recibido unha carta, un envío ou semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que ten lugar nunha posta cando os primeiros animais en nacer devoran os ovos aínda non eclosionados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar como verdadeira ou certa algunha cousa.

    2. Declarar, especialmente diante da autoridade xudicial, sobre a verdade dun feito.

    VER O DETALLE DO TERMO