"Cuns" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 298.

    1. Introduce o complemento indirecto. OBS: O uso desta preposición introducindo o complemento directo é moi reducido en galego.

    2. Expresa medio, instrumento, procedemento ou método.

    3. Expresa relacións circunstanciais de tempo e lugar.

    4. Indica exposición aos axentes meteorolóxicos ou físicos.

    5. Expresa distribución proporcional cando precede á substantivos que indican cantidade.

    6. Pode adquirir o significado de ‘en canto a’, ‘en relación con’.

    7. Adquire diferentes valores cando introduce un infinitivo que forma parte ou non dunha perífrase verbal. OBS: Pode contraer co artigo determinado dando lugar ás formas ao(s)/ó(s) e á(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar resgardado das circunstancias climáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce ablación.

    2. Aplícase aos materiais que se empregan no revestimento dos vehículos espaciais para absorber a calor que se produce cando o vehículo retorna á atmosfera.

      1. Caso da declinación do indoeuropeo que perdura nalgunhas linguas.

      2. Caso latino que indica numerosas nocións circunstanciais e adoita ir acompañado de preposicións.

      3. Na gramática latina, construción constituída por un participio que concorda cun nome en ablativo sen preposición que vai na súa mesma oración e realiza a función de suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resultar agradable unha persoa.

    2. Combinar ben algunha cousa.

    3. Resultar axeitado ou apropiado a cada circunstancia concreta.

    4. Sentar ben un adorno ou roupa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atopar a solución de algo incerto ou dubidoso.

    2. Facer chegar unha cousa a un punto preciso onde o axente a dirixía.

    3. Chegar a coñecer de certo algo que se mantiña oculto ou sen resolución.

    4. Tocar de xeito preciso cun proxectil ou outro obxecto.

    5. Facer o mellor ou máis conveniente nun momento determinado e que logo se confirma que foi o correcto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acostumar un ser orgánico a unhas condicións ambientais diferentes das de orixe.

    2. Adaptarse a un clima ou ambiente determinado, diferente do natural.

    3. Afacerse gradualmente a unha circunstancia ou ambiente distinto ao habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptación a un lugar ou a un espazo buscando comodidade.

    2. Forma de asimilación fonética pola que un fonema se adapta parcialmente ás características articulatorias e acústicas doutro, sen perder os seus trazos distintivos.

    3. Mecanismo que teñen os seres vivos para se adecuar a determinadas circunstancias ambientais.

    4. Reflexo que provoca o cambio do foco do ollo para que a visión sexa nidia a diferentes distancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispoñer algunha cousa ou persoa de forma cómoda ou conveniente.

    2. Poñer algo en consonancia con certas circunstancias ou obxectivos.

    3. Adaptarse a unha situación, lugar ou espazo.

    4. Colocarse alguén de xeito cómodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axudar a alguén en circunstancias difíciles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer tomar un costume ou hábito.

    2. Realizar algo por costume.

    3. Tomar un mesmo algo por costume.

    4. Adaptarse a unha situación, medio ou circunstancia.

    VER O DETALLE DO TERMO