a

a

lat ad

  1. prep

    Introduce o complemento indirecto. OBS: O uso desta preposición introducindo o complemento directo é moi reducido en galego.

  2. prep

    Expresa medio, instrumento, procedemento ou método.

  3. prep

    Expresa relacións circunstanciais de tempo e lugar.

  4. prep

    Indica exposición aos axentes meteorolóxicos ou físicos.

  5. prep

    Expresa distribución proporcional cando precede á substantivos que indican cantidade.

  6. prep

    Pode adquirir o significado de ‘en canto a’, ‘en relación con’.

  7. prep

    Adquire diferentes valores cando introduce un infinitivo que forma parte ou non dunha perífrase verbal. OBS: Pode contraer co artigo determinado dando lugar ás formas ao(s)/ó(s) e á(s).

Citas

  • á mala fe, ás apalpadelas, ás escuras, a pesar de; b) Diante de substantivos como uso, maneira, costume ou expresións elípticas con ese significado, equivale a ‘segundo’, Onte comemos pescada á galega; c) outros contextos, Tantas lle fixo que a matou a desgustos, Vai a pé ao monte
  • Con esta medida, contribuímos ao pagamento do IVE, Accedeu a esta petición sen ningunha obxección
  • Conteille a María as túas argalladas
  • Entrou á noitiña, Morreu aos oitenta anos; b) remate dun lapso de tempo e a miúdo en correlación coa preposición de, Traballa de sol a sol, Chegaron a fin de mes
  • Miña avoa ten o costume de sentarse á raxeira
  • No que respecta a isto, non se fale máis
  • O souto está á man esquerda; b) fin dun movemento en sentido propio ou figurado, A contaminación non chegou ao río, Pode alternar con para pero este último engade a idea de permanencia no lugar que indica o substantivo, Foi estudiar a/para Portugal, Con verbos de movemento, pode concorrer coa prep en, pero esta última indica perfección da acción e repouso no lugar expresado, Vai á/na tenda; c) dirección ou relación cara a un punto, A miúdo aparece en correlación coa preposición de e alternando con cara a e contra, Vai de Lugo a Guitiriz, Ten unha casiña ó/cara ao norte, Tamén se utiliza en enunciados como Calou por respecto a teus pais
  • Onte pola noite foi ao (ao) cine, Xoana tenlle medo á escuridade, Concedéronlles un premio aos (aos) vellos mariñeiros, O concerto de Milladoiro comezou ás dez e media da noite
  • Onte vin a Antía na rúa, O seu fillo é cuspidiño a ela; b) no segundo termo da comparación, cando esta se establece entre complementos directos, Quéroo coma a un fillo; c) na correlación un a outro e con moita frecuencia ante todos referido a persoas e ante algúns outros cuantificadores (alguén, calquera, ninguén, etc), Péganse un a outro, Convidamos a todos á inauguración, Non llo dixen a ninguén; d) Pode usarse ademais entre outros pronomes ou frases nominais referidas a persoas para evitar ambigüidades entre o suxeito e o complemento directo, Non paraban de molestar aos veciños; e) nos demais contextos debe evitarse o seu emprego: Abandonaron os seus ideais e non *abandonaron aos seus ideais, Matei o vello e non *matei ao vello
  • Os grelos están a cincocentas pesetas o monllo, Tamén indica prezo e pode estar ou non precedida da preposición de, Os caramelos son a/de a peso
  • Prefire saír a quedar na casa
  • Ti eras a cantar e bailar sen parar, Están a facer os exercicios; b) indica repetición da acción cando vai detrás de formas como veña, auxiliar volver ou outros verbos similares, E el veña a mallar na herba; c) a construcción a + (art) + infinitivo ten valor perfectivo que equivale a en + xerundio, Ao saíren do traballo foron ao cine, Cos auxiliares chegar e vir forma perífrase aspectual terminativa, Mesmo chegou a dicir que non se responsabilizaba dos seus actos, Aquel bosquexo inicial veu a dar nun grandioso edificio; d) con verbos de movemento indica obxecto, intención ou finalidade e alterna con para, Veu a saber qué fora o que pasara, Cos verbos auxiliares estar e andar forma perífrase con valor de futuridade inmediata, Está a morrer; e) forma perífrase aspectual incoativa con verbos como botar(se), correr, poñerse, pasar, romper, etc, Ante a reacción de seu irmán, non puido aguantar e botouse a rir
  • ¡A calar!

Palabras veciñas

a a a a a á á