"Asia Menor" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 14.
-
-
Relativo ou pertencente a Altai, aos altaicos ou ás súas linguas.
-
Individuo dun pobo turco que habita en Altai.
-
Pobo turco de Siberia que habita a oblast’ autónoma de Gorno-Altai (Rusia), de tipo mongólico. OBS: Tamén se denomina calmuco montañés ou calmuco branco.
-
Familia de linguas faladas en Asia Menor, Asia Central, Mongolia e Siberia, formada por tres grandes troncos: o turco, o mongol e o manchuriano.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Anatolia.
-
Grupo lingüístico indoeuropeo que comprendía, durante o segundo milenio a C, a maior parte das linguas de Asia Menor.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Caria, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante da antiga rexión da Caria, no SO da Asia Menor.
-
Lingua falada polos carios que se coñece a través de inscricións, descubertas no territorio da antiga Caria, que se remontan á época helenística; outras, máis antigas e máis numerosas, pertencentes aos carios instalados en Exipto, datan do s VII a C.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cimerios.
-
Individuo do pobo dos cimerios.
-
Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.
-
Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.
-
-
-
Aliaxe de ouro e prata. A súa cor varía entre a amarela e a branca, en función da cantidade de prata que conteña. Pode incluír tamén outros metais como o cobre.
-
Primeira moeda cuñada ao redor de 680 a C, baixo o goberno do rei Gixes, no Reino de Lidia (Asia Menor).
-
-
-
Relativo ou pertencente a Frixia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo frixio.
-
Pobo de orixe indoeuropea que se estableceu en Asia Menor cara ao s XII a C e que, tras a caída do Imperio Hitita no s XI a C, formou o Reino de Frixia.
-
Lingua indoeuropea que se falaba antigamente en Asia Menor.
-
-
Primeiro modo antigo da música grega clásica que consistía nunha escala descendente que comezaba e remataba en re.
-
Modo eclesiástico, dos oito dos que consta a música medieval, formado polos tetracordos mi-fa-sol-la e si-do-re-mi.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento e doutrina pietista cristiá que se espallou a mediados do s IV por Siria, Asia Menor e Exipto. Ensinaba que, polo pecado de Adán, cada home ten un demo unido á ánima que non se expulsa polo bautismo, senón pola pregaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión mistérica de Mitra, de orixe iraniana, que arraigou nas comunidades persas de Asia Menor despois da conquista macedónica e que a través dela se estendeu a Roma e a todo o imperio, onde chegou a constituír unha relixión oficial, reservada aos soldados. Extinguiuse no s V.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo osmanlí.
-
Individuo do pobo osmanlí.
-
Pobo turcomán instalado en Asia Menor pola invasión selxúcida (s XIII). Convertidos ao Islam en tempos de Osmán I (1259-1326), constituíron o núcleo do Imperio Otomán.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao palaico.
-
Lingua antiga falada en Pala (Asia Menor), coñecida unicamente por unhas breves pasaxes en textos rituais hititas.
-