"Arno" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 131.

    1. Dilatación en forma de saco ou pequeno lóbulo.

    2. Formación microscópica glandular con forma de acio.

    3. Froito carnoso, zumarento e translúcido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Cynara da familia das fabáceas, de capítulos grosos con brácteas amplas e ovadas, carnosas na base e comestibles antes do desenvolvemento da flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da amendoeira que consiste nunha drupa de pericarpo verde e aveludado, mesocarpo branco e coriáceo e endocarpo leñoso, que contén unha única semente.

    2. Semente da amendoeira, doce ou amarga segundo as variedades, moi rico en aceites e graxas vexetais.

    3. Parte carnosa dalgunhas sementes que queda despois de sacarlles as cubertas leñosas.

    4. Semente non comestible da amendoeira amarga (P. amygdalus var amara) que ten aplicación en farmacia e na fabricación de esencias.

    5. Ornamento en xeral de forma elíptica, que rodea unha figura sagrada á que se quere dar un relevo especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das rosáceas, que produce un falso froito denominado amorodo, formado polos froitos auténticos que son pequenas núculas dispostas sobre un receptáculo carnoso e vermello na madureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore, da familia das anacardiáceas, de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propia de América Central e cultivada nos países cálidos polo seu froito (anacardio), e pola súa madeira.

      2. Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardio, zumarento, agridoce, recendente e comestible.

      1. Exsudado da casca do anacardo, que ten diversas aplicacións, como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices ou encadernacións.

      2. Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo cuxos principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bianual, da familia das bromeliáceas, de longas follas ríxidas, estreitas e agudas, con marxes espiñosas, dispostas en roseta e flores agrupadas en inflorescencias compactas que dan lugar a unha infrutescencia carnosa comestible. É oriúnda do N de Sudamérica.

    2. Infrutescencia da planta do mesmo nome, que presenta un penacho de follas verdes rematadas en punta e a polpa de cor amarela clara e escamosa, moi xugosa e lixeiramente fibrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo dos xéneros Boletus, Leccinum, Gyroporus, Suillus ou Xerocomus, que pertence á orde dos boletais. É un cogomelo carnoso, de cor castaña e co himenio formado por tubos rematados en poros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito pluriocular que procede dun ovario súpero, de parte externa dura e lignificada e a interna carnosa, con numerosas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Arnoia.

    2. Persoa natural ou residente da Arnoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito carnoso, indehiscente, monocarpelar ou pluricarpelar, de epicarpo delgado e membranoso, e mesocarpo e endocarpo carnosos. As sementes pódense atopar inmersas directamente dentro da polpa homoxénea ou ben estar ordenadas en diversas cavidades.

    2. aíña ou casulo en que se desenvolven as sementes dalgunhas plantas, coma as fabáceas ou o liño.

    3. Restos dalgúns froitos coma a uva despois de espremelos e pisalos.

    VER O DETALLE DO TERMO