améndoa

améndoa

lat v *amyndăla ‘améndoa’ por amygdăla

Plural: améndoas
  1. s f [BOT ]

    Froito da amendoeira que consiste nunha drupa de pericarpo verde e aveludado, mesocarpo branco e coriáceo e endocarpo leñoso, que contén unha única semente.

  2. s f [BOT ]

    Semente da amendoeira, doce ou amarga segundo as variedades, moi rico en aceites e graxas vexetais.

  3. s f p ext [BOT ]

    Parte carnosa dalgunhas sementes que queda despois de sacarlles as cubertas leñosas.

  4. améndoa amarga [BOT ]

    Semente non comestible da amendoeira amarga (P. amygdalus var amara) que ten aplicación en farmacia e na fabricación de esencias.

  5. améndoa mística [ARTE ]

    Ornamento en xeral de forma elíptica, que rodea unha figura sagrada á que se quere dar un relevo especial.

Sinónimos

Citas

  • A torta de améndoa é o meu doce preferido
  • Abriuse a carabuña do pexego e puiden ver a améndoa no seu interior
  • Nunca traballei na recolleita da améndoa

Refráns

  • Ano de améndoas, ano de merda.