"Aref" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 61.

    1. Facer accesible aquilo que está pechado ou tapado, levantando, movendo ou extraendo aquilo que o pecha.

    2. Estender as partes dalgunha cousa de xeito que se incremente o seu tamaño.

    3. Accionar un dispositivo para poñer en marcha algo.

    4. Dar comezo unha actividade, poñer en marcha un negocio.

    5. Deixar ao descuberto algo, separando as partes que o pechan ou cobren.

    6. Facer unha incisión no corpo dun animal no transcurso dunha intervención cirúrxica.

    7. Ampliar as gretas que hai entre dúas táboas dunha embarcación de madeira para poder introducir a estopa.

    8. Producirse unha fenda ou abertura.

    9. Principiar algo as súas tarefas de xeito habitual.

    10. Estenderse os pétalos e sépalos dunha flor que permanecían pechados no abrocho.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de activo.

    2. Conxunto de tarefas propias dunha persoa ou entidade e tamén cada unha delas.

    3. Dilixencia ou eficacia no obrar.

      1. Conxunto dos actos motores dun organismo.

      2. Comportamento inapropiado producido por unha sobreexcitación que non pode ser liberada por unha vía habitual.

    4. Conxunto de fenómenos psíquicos que tenden á acción.

    5. Relación entre a fugacidade dunha substancia nun determinado estado e a súa fugacidade nun estado de referencia arbitraria.

    6. Cociente entre a presión de vapor dun produto e a da auga.

    7. Número de núcleos atómicos dunha substancia radioactiva que se desintegran por segundo.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á administración.

    2. Categoría profesional de traballadores que realizan tarefas de oficina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vai ou está unido a algunha cousa.

    2. Que comparte unha tarefa como auxiliar doutro. Tm s.

    3. Aplícase á palabra ou palabras que van con elementos esenciais da proposición. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entregarse activamente a unha tarefa ou acción para conseguir algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Carreira, dignidade e atribución de almirante.

      2. Territorio onde un almirante exerce as súas funcións.

    1. Organismo ou consello superior que nalgúns estados exerce altas funcións consultivas, executivas e en ocasións de alta xustiza en tarefas relacionadas coa mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interrupción momentánea que se fai cando se realiza unha actividade.

    2. Expresión usada para facer que alguén se deteña nunha marcha ou carreira, nunha disertación, en calquera tarefa ou na execución dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Percorrer unha distancia determinada a pé.

      2. Percorrer unha distancia marcada nalgún vehículo de transporte.

      1. Ir dun lado para outro a pé.

      2. Ir dun lugar a outro empregando un medio de transporte.

    1. Mover ou trasladar un medio de transporte.

    2. Facer a función que ten encomendada.

    3. ivir nun lugar por espazo dun tempo determinado ou estando de paso.

    4. Situar nun lugar ou espazo determinados.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coller unha cousa do chan.

    2. Recoller un froito.

    3. Contraer unha enfermidade ou adquirir un vicio.

    4. Arranxar ou remendar algún obxecto ou algunha cousa.

    5. Recibir pancadas.

    6. Lograr subsistir a pesar das dificultades.

    7. Posuír a habilidade necesaria para realizar algunha tarefa ou superar un obstáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO