"AGR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1262.

  • Aplícase ao ácido xenobiótico que se emprega como herbicida en agricultura, e que tamén pode actuar de forma hormonal aumentando a proliferación celular. OBS: Tamén se denomina comercialmente 2,4-D.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que se emprega co significado de ‘acerca das cousas sagradas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dificulta a respiración.

    2. Que desprende un olor desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle falta a respiración ou o alento.

    2. Que está molesto ou importunado por unha situación que non é agradable.

    3. Que está cuberto de bafo.

    4. Que desprende un olor desagradable.

    5. Que ten vergoña.

    6. Que se ve sobrepasado pola adversidade ou dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.

    2. Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.

    3. Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.

    4. Renuncia a proseguir nunha competición.

      1. Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.

      2. Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.

    5. Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.

    6. Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto caducifolio, da familia das betuláceas, de cortiza agrisada. As follas son arredondadas ou ovadas, acuminadas e dobremente serradas e os froitos son noces que aparecen en grupos sobre un curto pedúnculo.

    2. Planta herbácea rizomatosa, da familia das asteráceas, que presenta follas basais enteiras e glabras, capítulos florais illados con lígulas amarelas e froito en aquenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abrir.

    2. Que sufriu abertura.

    3. Que permite o paso.

    4. Que non presenta obstáculos.

    5. Que está falto de protección ou defensa.

    6. Que se pode utilizar ou é de uso libre.

    7. Que se comunica co exterior.

    8. Que presenta unha fendedura.

      1. Que manifesta unha actitude comprensiva e receptiva fronte a situacións ou criterios diversos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga. Caracterízase por ter acículas perennes, presentes só nos macroblastos.

    2. Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza branco agrisada, acículas fendidas no ápice e piñas ergueitas que se desfán ao madurar. É propia das montañas do S e centro de Europa.

    3. Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza agrisada e piñas ergueitas.

    4. Árbore da subfamilia das abieotideas, de piñas pendurantes con brácteas en que sobresaen tres dentes anchos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.

    2. Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo e o ubikh. Caracterízanse pola pobreza do sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do consonantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Experimentar aversión por algo ou alguén.

    2. Causar desagrado ou aversión algo ou alguén.

    3. Abandonar as aves adultas os niños con ovos ou crías ao decatarse de que remexeron nel.

    4. Sentir fastío ou aburrimento por algo.

    5. Infectarse unha ferida, gran ou tumor.

    VER O DETALLE DO TERMO