"ovista" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 128.

    1. Aparello de pesca que consta dunha liña principal longa provista de cortizas flotadoras das que saen outras liñas secundarias provistas de anzois.

    2. Corda de cánabo ou de liño, composta por tres cordóns de tres capas cada un, que se emprega no aparello de pesca denominado palangre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paleoníscidos.

    2. Peixe da orde dos paleoníscidos.

    3. Orde de peixes fósiles osteíctios actinopterixios, propios do Devónico, que tiñan a parte anterior do cranio redondeada, os ollos grandes e a boca ampla e provista de numerosos dentes moi fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio con forma de pa pequena de madeira ou metálica, xeralmente de forma plana, ampla e provista dun mango, que se utiliza para remexer algunha masa.

      1. Lámina fina de madeira, de forma xeralmente elíptica ou rectangular, cun burato para introducir o polgar, en que o pintor dispón as cores para pintar.

      2. Conxunto de cores que utiliza habitualmente un pintor.

    2. Cada un dos elementos propulsores, nunha hélice ou nun rotor, que saen ou son fixados ao núcleo ou ao corpo central.

    3. Pa dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio que consiste nunha lámina oblonga de material sólido, provista de pugas máis ou menos xuntas, que serve para desenlear e peitear o cabelo.

      1. Instrumento de ferro que se emprega para cardar a la.

      2. Armazón do tear, con fendas paralelas e perpendiculares, polas que hai que pasar os fíos do urdido.

    2. Instrumento con dentes que se emprega para alisar e limpar impurezas das fibras téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   perforar.

    2. Que ten un ou máis furados ou perforacións.

    3. Aplícase ás follas provistas de glándulas oleíferas e que, a contraluz, parecen furadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cana pequena, xeralmente de cartón, cunha carga de pólvora ou algún outro explosivo, provista dunha mecha, que ao estourar produce moito estrondo.

    2. Fardo pequeno que contén un explosivo e que se emprega, facéndoo estoupar, para derribar obstáculos ou causar destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos picnogónidos.

    2. Artrópodo da clase dos picnogónidos.

    3. Clase de artrópodos mariños quelicerados, bentónicos ou litorais, co corpo cuberto por unha cutícula quitinosa provista de tubérculos, espiñas e sedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera cousa con punta afiada.

    2. Parte aguda ou elevada que sobresae dunha cousa.

    3. Cima aguda dunha montaña.

    4. Ferramenta que consiste nunha peza de ferro ou aceiro, rematada en punta nun dos seus extremos ou en ambos os dous, provista dun mango, xeralmente de madeira.

    5. Cantidade indeterminada que excede o número que se expresa.

    6. Puga que nace nas pólas, talos ou follas dalgunhas plantas.

    7. Puga que recobre o corpo de certos animais.

    8. Perfil pequeno que, disposto no canto do acceso dunha á, forma unha rañura que impide desprendemento no caso dos ángulos de acceso maiores.

    9. herba agulla.

    10. Macla típica da casiterita.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie plana e horizontal máis elevada ca o chan circundante.

      2. Estrutura de formigón e de aceiro en que se montan os elementos dun foguete espacial e desde a que se efectúa o seu lanzamento.

      3. Estrutura que se emprega para a perforación de pozos de petróleo no mar.

    1. Superficie que nas estacións de ferrocarril se sitúa ao longo da vía destinada para que os viaxeiros poidan andar.

    2. Parte inmediata á entrada e saída de pasaxeiros, desprovista de asentos en vehículos de transporte público.

    3. Peza grosa de material lixeiro que leva a sola de determinados zapatos.

    4. Programa ou conxunto de ideas reivindicativas dun grupo político, profesional ou sindical.

    5. Asociación non estable de grupos ou partidos para a consecución duns fins compartidos.

    6. ehículo autopropulsado que se emprega para trasladar os vehículos espaciais desde o edificio de montaxe ata a plataforma de lanzamento.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roda provista dun ollo, que lle permite virar arredor dun eixe, e unha superficie acanalada, de maneira que permite pasar unha corda que arrastra ou é arrastrada por un peso.

    2. Roda de superficie lateral en forma de canle, soldada a unha barra, que permite transmitir un movemento a outra barra mediante correas.

    3. Polea que forma parte dun sistema.

    4. Polea con dúas rodas, unha fixa e outra móbil.

    VER O DETALLE DO TERMO