paleta

paleta

ital paletta

Plural: paletas
  1. s f

    Utensilio con forma de pa pequena de madeira ou metálica, xeralmente de forma plana, ampla e provista dun mango, que se utiliza para remexer algunha masa.

  2. s f
    1. Lámina fina de madeira, de forma xeralmente elíptica ou rectangular, cun burato para introducir o polgar, en que o pintor dispón as cores para pintar.

    2. Conxunto de cores que utiliza habitualmente un pintor.

  3. s f [TECNOL ]

    Cada un dos elementos propulsores, nunha hélice ou nun rotor, que saen ou son fixados ao núcleo ou ao corpo central.

  4. s f [ZOOL ]

    Pa dos animais.