"nor" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1827.

  • Nome dado polos retóricos clásicos, dentro do teatro grego e latino, ao recoñecemento dun feito ou persoa por parte das personaxes, que lle dá á obra un xiro decisivo e conduce o argumento ao desenlace. OBS: Tamén se denomina agnición e recoñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recordo que, segundo a teoría da reminiscencia de Platón, ten a alma do mundo das ideas.

    2. Proceso que consiste na lembranza de ideas, persoas ou sucesos a partir dalgún estímulo.

    3. Indagación dos antecedentes propios e familiares dun paciente con vistas á diagnose.

    4. Retorno á memoria das ideas dos obxectos esquecidos.

    5. Oración da misa que normalmente vai despois da consagración, en que se fai lembranza do Señor e dos misterios da súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para retornar ás súas proporcións normais unha imaxe distorsionada por anamorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno do crecemento, debido a causas xenéticas ou ambientais, en que un individuo acada un talle inferior aos límites considerados normais para a súa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anaptomórfidos.

    2. Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

    3. Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes e con dentición en parte de tipo insectívoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sociedade ideal organizada sen goberno.

    2. Desorde motivada pola ausencia ou debilidade da autoridade pública.

    3. Fase previa á codificación dunha lingua en que conviven multitude de normas que dificultan o proceso de normalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunión de dous vasos ou nervios, directamente ou mediante un terceiro.

      1. Comunicación artificial entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.

      2. Comunicación de tipo terminal-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava que se efectúa para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar a hemorraxia das varices esfáxicas.

    2. Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada, polo que se acaban formando ínsuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide menor do tabaco, líquido e miscible coa auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Anatolia.

    2. Grupo lingüístico indoeuropeo que comprendía, durante o segundo milenio a C, a maior parte das linguas de Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO