"afro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 182.

    1. Equinodermo mariño e bentónico, da clase dos asteroideos, caracterizado por presentar, as máis das especies, cinco brazos arredor dun disco central, ter a boca en posición ventral e o ano en posición dorsal. Presentan pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento.

    2. Planta herbácea, da familia das plantaxináceas, de follas lanceoladas e pinnatífidas que forman unha mouta basal, flores hermafroditas, pequenas e tetrámeras, co tubo da corola piloso, dispostas en espigas pedunculadas, e froitos capsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perennifolia do xénero Eucalyptus, da familia das mirtáceas, que presenta filodios coriáceos longos e estreitos, con forma de fouciño e dispostos de xeito oposto, con flores hermafroditas e actinomorfas. Consomen un gran volume de auga, ao ser unha especie de crecemento rápido cuns altos valores de evapotranspiración. Da árbore obtense leña de alto poder calorífico, pasta celulósica, suxeición de noiros, elaboración de taboleiros de fibras e madeira para a fabricación de bateas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Exipto, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Exipto.

    1. Tipo de letra de pau groso e ata uniforme, que se difundiu a partir de 1820.

    2. Lingua camito-semítica ou afroasiática falada no Antigo Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás fabáceas.

    2. Planta da familia das fabáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, gabeadoras, arbustos e árbores que posúen flores hermafroditas, cigomorfas, de corola papilonácea pentámera e de cores vivas, dispostas en inflorescencias en acios. Caracterízanse por presentar o froito en legume e nas raíces nódulos nos que están presentes bacterias simbióticas que fixan o nitróxeno atmosférico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa pequena de tea do traxe tradicional feminino que se empregaba para gardar os cartos ou pequenas cousas. Levábase cinguida ao van por debaixo das saias ou por fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Chenopodium, da familia das quenopodiáceas, que presenta follas rómbicas pecioladas e sen estípulas, flores hermafroditas, de dúas a cinco pezas no perianto, moi pequenas e pouco vistosas, e con froitos en aquenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Animal do sexo feminino.

      2. Animal hermafrodita protoxínico ou proterándrico no que só é funcional a gónada feminina.

    1. Individuo que dá froitos, naquelas especies que teñen os sexos separados en distintos pés.

    2. Peza que contén un buraco no que se introduce ou encaixa outra peza, denominada macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de feminizar ou feminizarse.

      1. Desenvolvemento de caracteres sexuais secundarios femininos nun varón.

      2. Pseudohermafroditismo hereditario caracterizado por unha aparencia feminina acompañada da presenza de testículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Fenicia, ao pobo fenicio ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo fenicio.

    3. Pobo de orixe semítica establecido cara a 3000 a C nunha franxa costeira de Siria Central.

    4. Lingua afroasiática que falaban os antigos fenicios. Foi lingua viva desde o s XII a C ata o s III, e estendeuse pola costa mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica á filosofía, que procura a verdade desde un punto de vista racional.

    2. Persoa que sabe soportar ou afronta con serenidade as dificultades da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO