eucalipto

eucalipto

eu- + gr καλυπτός ‘cuberto’

Plural: eucaliptos
s m [PLANTA ]

Árbore perennifolia do xénero Eucalyptus, da familia das mirtáceas, que presenta filodios coriáceos longos e estreitos, con forma de fouciño e dispostos de xeito oposto, con flores hermafroditas e actinomorfas. Consomen un gran volume de auga, ao ser unha especie de crecemento rápido cuns altos valores de evapotranspiración. Da árbore obtense leña de alto poder calorífico, pasta celulósica, suxeición de noiros, elaboración de taboleiros de fibras e madeira para a fabricación de bateas.