fenicio -cia
fenicio -cia
lat Phoenicĭu
-
adx
Relativo ou pertencente a Fenicia, ao pobo fenicio ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo fenicio.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo de orixe semítica establecido cara a 3000 a C nunha franxa costeira de Siria Central.
-
s
m
[LING ]
Lingua afroasiática que falaban os antigos fenicios. Foi lingua viva desde o s XII a C ata o s III, e estendeuse pola costa mediterránea.