"XT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2700.

    1. Relativo ou pertencente ao Albiano.

    2. Sexto e derradeiro estadio do Cretáceo inferior, situado enriba do Aptiano e baixo o Cenomaniano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de proteínas ricas en ácido glutámico e aspártico que se atopan en todos os seres vivos.

    2. Produto que se obtén a partir do soro do leite, unha vez separada a lactosa.

    3. Clara do ovo desecada que ten a súa principal aplicación na industria alilmentaria.

    4. Soro sanguíneo desecado, que en xeral provén de sangue de boi. Utilízase como clarificante e na industria fotográfica, téxtil e de adhesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos óxidos, dos hidróxidos e dos carbonatos dos metais alcalinos.

    2. Cada un dos hidróxidos dos metais alcalinos e, por extensión, do calcio e do bario.

    3. Solución acuosa de amoníaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materiais metálicos cunha capa exterior de aluminio puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disolución que contén esencialmente etanol e se emprega como disolvente e desinfectante en uso externo e como depresor do sistema nervioso central en uso interno.

      2. Toda clase de bebida obtida a partir dunha destilación.

    1. Nome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza dun grupo funcional hidróxilo -OH, enlazado directamente a un carbono alifático.

    2. Extracto alcohólico de melisa, peles de limón e laranxa, noz moscada e canela.

    3. Alcohol desnaturalizado, utilizado como combustible.

    4. Solución alcohólica de esencia de romeu ao 5%, para friccións en golpes, artritismo e dores sen ferida.

    5. etanol.

    6. metanol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia orgánica que presenta un grupo funcional carbonilo unido a un hidróxeno. En bioquímica, algúns aldehidos (gliceraldehido, acetalcehido ou piruvaldehido) son intermediarios importantes no metabolismo. Industrialmente, o formaldehido e o acetildehido teñen unha aplicación moi extensa.

    2. acetaldehido.

    3. formaldehido.

    4. acetaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que explica ou interpreta un texto de modo alegórico, especialmente a Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentimento de pracer que se manifesta con signos exteriores.

    2. Aquilo que é a causa dese sentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie móbil e articulada do avión situada no extremo do ángulo de saída da á que serve para gobernar o movemento de balanceo da aeronave.

    2. Cada unha das extremidades laterais da ponte de mando, desde as que hai unha boa visibilidade cara á proa e a popa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode provocar hipersensibilidade e reaccións en forma de alerxias.

      1. Substancia do medio que, actuando como antíxeno, pode determinar a formación de anticorpos IgE.

      2. Cada un dos extractos obtidos das substancias que se supón que poden causar alerxia, destinados ao diagnóstico específico da alerxia pola reacción que producen ao seren aplicados na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO