"PL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9237.

  • Hidrocarburo aromático tricíclico, co esqueleto de acenaftileno. Emprégase na fabricación de colorantes e dalgúns materiais plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que serve para pulir, alisar e aplanar superficies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que frea o crecemento dos animais ou plantas. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer cortes ao redor do tronco dunha árbore para imposibilitar a circulación do zume e, como consecuencia, o seu agostamento.

    2. Cortar as pólas dunha árbore ou arbusto.

    3. Deter o crecemento de animais ou plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade articular e profunda do óso coxal onde está a cabeza do fémur.

    2. Receptáculo dos fungos.

      1. Cavidade do corpo dun insecto, na súa parte externa, onde se implanta a extremidade.

      2. entosa cupuliforme que teñen os tentáculos dalgúns cefalópodos.

      3. entosa posterior das samesugas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera dos compostos que resultan da reacción directa dos aldehidos ou cetonas con alcohois en presenza de catalizadores ácidos.

    2. Nome comercial do 1,1-dietoxietano, que deriva do acetaldehido e do etanol. Emprégase como disolvente en síntese orgánica e en perfumaría.

    3. Polímero constituído por acetais nos que o alcohol combinado cos aldehidos é alcohol polivinílico. Emprégase na industria dos plásticos, vernices e pinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acetais.

    2. Materiais termoplásticos producidos a partir de aldehidos por polimeración de adición. As resinas acetálicas comerciais son os plásticos que máis se asemellan aos metais polas súas propiedades mecánicas e a súa estabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.

    2. acetobutirato de celulosa.

    3.   Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.

    4. Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo metálico da acetilacetona. Emprégase, principalmente, como catalizador e para metalizacións en fase vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao acetileno.

      2. Relativo ou pertencente ao enlace triplo entre dous átomos de carbono ou aos compostos orgánicos que o conteñen, e que cando se atopa ao final dunha cadea os compostos acetilénicos califícanse como terminais.

      3. Hidrocarburo da serie acetilénica.

    1. Serie de hidrocarburos alifáticos insaturados, de fórmula xeral C n H 2n-2 , constituída polo acetileno e os seus homólogos superiores, e que se caracteriza pola presenza dun enlace triplo. Por extensión, conxunto dos compostos orgánicos nos que existe cando menos un enlace triplo. A existencia dunha gran variedade de produtos que proveñen dos compostos acetilénicos explica a importancia industrial do acetileno.

    VER O DETALLE DO TERMO