"andi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 238.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos daner.

    2. Individuo do pobo dos daner.

    3. Pobo escandinavo procedente do S da península de Xutlandia que, a comezos do s VI, defrrotou os hérulos e estendeuse polo S de Suecia e as illas circundantes. Os daneses recibiron o nome deste pobo a partir da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dante Alighieri ou á súa obra.

    2. Que lembra, pola súa grandiosidade e aspecto terrorífico, as descricións de Dante Alighieri.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á declamación.

    2. Que ten unha forma de falar enfática, esaxerada, solemne e grandilocuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representante das irmandades locais nas Xuntas de Irmandade establecidas tras a Revolta Irmandiña. Cada deputado era elixido polos seus compañeiros de institución e tiña a misión de transmitir as súas queixas e peticións nas Xuntas.

    2. Persoa nomeada por un corpo para que exerza a súa representación exclusivamente nun foro determinado.

    3. Representante elixido por sufraxio directo para formar parte da cámara única ou, nos parlamentos bicamerais, da de orixe popular.

    4. Membro do parlamento dunha comunidade autónoma, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto para un mandato de catro anos.

    5. Representante no parlamento elixido por unha circunscrición territorial coa que non mantén máis vinculacións ca as do propio proceso electoral.

    6. Membro dunha deputación de comercio. O cargo foi creado por un decreto do rei Carlos III en 1773 para exercer as funcións de consulados de mar nas cidades que non os tiñan.

    7. Cargo municipal elixido por sufraxio popular para atender os asuntos relativos ao comunal.

    8. Persoa elixida por unha cidade ou vila con voto en Cortes, que servía na deputación xeral dos reinos hispánicos.

    9. Membro da sala de millóns, cámara que exerceu as funcións das antigas cortes castelás, durante os ss XVIII e XIX.

    10. Membro do Congreso de los Diputados, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que xa se dixo antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Dinamarca, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Dinamarca.

      1. Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de cans.

      2. Raza de cans que teñen o corpo robusto, esvelto e elegante, coa cabeza longa e acaba nun fociño aplanado.

      1. Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de porcos.

      2. Raza de porcos que se caracteriza pola lonxitude do seu corpo, as grandes dimensións dos pernís e o predominio do magro sobre o graxo.

    1. Lingua xermánica do subgrupo setentrional (ou escandinavo) que se fala en Dinamarca e, como forma dialectal, nas provincias suecas de Sk<ne, Halland e Blekinge.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado.

      2. Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.

      3. Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Surinam, Swazilandia, Uganda e Djbuti, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.

      4. División administrativa de primeira orde en cuxo territorio  radica a capital dun estado federal.

      5. Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.

      1. Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións.

      2. Cada unha das demarcacións en que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servizos administrativos.

    1. Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dogóns ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo dogón.

    3. Pobo de África occidental que ocupa a rexión montañosa dos acantilados de Bandiagara, na parte sudoccidental do Alto Níxer.

    4. Lingua níxer-congo que se fala en Mali e Burkina Faso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación sedimentaria de orixe glacial, en especial as morrenas de fondo da glaciación escandinava.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Círculo que corta perpendicularmente pola metade os meridianos dunha superficie de revolución.

      1. Liña imaxinaria ao redor dun corpo celeste que xace nun plano que pasa polo centro do obxecto e é perpendicular ao seu eixe de rotación.

      2. Círculo máximo da esfera celeste determinado pola intersección da devandita esfera cun plano perpendicular ao eixe do mundo.

      3. Círculo máximo da esfera celeste determinado pola intersección da devandita esfera cun plano perpendicular ao eixe que pasa a través dos polos galácticos.

    2. Lugar ou momento equidistante entre dous puntos.

    3. Liña ideal sobre a superficie terrestre onde a inclinación magnética é nula. OBS: Tamén se denomina liña aclínica.

    4. Liña de máximas temperaturas na superficie terrestre. A súa posición varía entre os 5° e os 10° N segundo a época do ano.

    5. Liña imaxinaria que divide exactamente o planeta Terra en dúas metades e equidista dos polos N e S.

    VER O DETALLE DO TERMO