"VOR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 549.

  • Aplícase ao molar propio dos omnívoros, especializado na trituración.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero, da familia dos équidos, herbívoro e gregario, de tamaño grande e extremidades longas, que só presenta un dedo desenvolvido, que está recuberto por un pezuño ou casco.

      2. Cabalo empregado para a carga ou o transporte.

      3. Cabalo que vive en estado salvaxe.

      4. Raza de cabalos autóctonos de Galicia que presenta individuos de corta alzada, de cor castaña, e a crina e a cola xeralmente negras.

      5. Cabalo que é de máis cores ca unha.

      1. Figura que representa un cabalo.

      2. Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que teñen a figura da cabeza dun cabalo. Segue un movemento en forma de L e pode saltar por riba doutras pezas.

      3. Carta da baralla que pertence a cada un dos catro paus que ten pintado un home a cabalo e que está marcada co número once.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal ou planta que se envolve sobre si mesmo.

    2. Ourizo, da familia dos erinaceidos, que presenta o dorso recuberto de pugas de cor parda-negruzca. É omnívoro e de hábitos nocturnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría ou exemplar novo dos carnívoros terrestres.

    2. Persoa nova que se inicia nunha actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xefe indio nas tribos das Antillas.

    2. Persoa importante dunha aldea ou vila, que exercía unha influencia excesiva nos asuntos políticos e administrativos, a causa do seu prestixio profesional ou polo seu poder económico ou ideolóxico, sen estar investido xuridicamente para exercer ningún cargo político ou administrativo.

    3. Político que exerce o poder de xeito autoritario baseándose no clientelismo e no favoritismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que durante os períodos desfavorables do ano conserva gromos aéreos que perduran próximos ao chan. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de aspecto, forma e pelame moi diversos segundo as razas, domesticado polo home.

      2. Can que ten a rabia.

      3. Can pequeno que non ten pelo no seu corpo.

      4. Can de xenealoxía incerta.

    1. Arte de pesca que consta dun aparello con forma de angazo que, a medida que se arrastra polo fondo do mar, vai apañando diversos tipos de mariscos que quedan depositados nunha rede que leva detrás.

      1. Moeda antiga que, segundo fose de cinco ou dez céntimos, recibía o nome de can pequeno ou can grande, respectivamente.

      2. Moeda de escaso valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave granívora, da familia dos frinxílidos, que presenta pico groso e plumaxe con listas, cunha banda superciliar patente e coas partes inferiores amarelo-verdosas e as superiores verde-agrisadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea da familia das poáceas pertencente ao xénero Arundo, que presenta talos grosos e circulares que poden acadar ata os 5 m de altura.

    2. Talo groso e oco desprovisto de follas e raíz.

    3. Tubo formado por unha porción de cana inserido no punto polo que deita auga unha fonte, para crear un chorro.

    4. Tubo do foguete que contén a pólvora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero marsupial pertencente á familia dos macropódidos, que presenta as patas anteriores curtas e as posteriores longas e fortes, adaptadas ao salto, que serven de soporte, xunto coa longa e musculada cola. Posúen marsupio, son herbívoros e viven nos prados, estepas e sabanas australianas.

    VER O DETALLE DO TERMO