cacique

cacique

voz do taíno dominicano cacique

Plural: caciques
  1. s m [HIST ]

    Xefe indio nas tribos das Antillas.

  2. s m [HIST/POLÍT ]

    Persoa importante dunha aldea ou vila, que exercía unha influencia excesiva nos asuntos políticos e administrativos, a causa do seu prestixio profesional ou polo seu poder económico ou ideolóxico, sen estar investido xuridicamente para exercer ningún cargo político ou administrativo.

  3. s m [POLÍT ]

    Político que exerce o poder de xeito autoritario baseándose no clientelismo e no favoritismo.

Confrontacións

déspota

Citas

  • O alcalde é un cacique, obtén os seus votos gracias aos favores que realiza a cargo dos orzamentos públicos