"Ulla" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 274.

    1. Peixe mariño, pertencente ás familias dos belónidos e dos escombresócidos, da orde dos ateriniformes, de corpo estreito e moi alongado, coas aletas dorsal e anal dispostas moi atrás.

    2. agulla.

    3. alcrique.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Remate dunha torre terminado en punta.

    2. capitel.

      1. Peza de forma cónica que garda no seu interior unha pedra dura mediante a que o conxunto da rosa e das agullas que conforman o compás descansan sobre o seu eixe.

      2. Parte máis elevada da proa ou da popa dun navío.

    3. Construción onde se gardan os apeiros de labranza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cilenos.

    2. Individuo do pobo dos cilenos.

    3. Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do Convento Xurídico Lucense. Localizado na rexión da costa que vai do Ulla ao Lérez, tivo como cidade principal Aquae Calidae ou Aquae Celenae (a actual Caldas de Reis).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo limitado por unha superficie cilíndrica e dous planos paralelos que a cortan.

      1. Elemento cilíndrico que forma parte de moitas máquinas que se empregan na industria.

      2. Peza metálica cun baleiro construtivo cilíndrico dentro do que se move un pistón.

    2. Parte interior cilíndrica do talo.

    3. Forma volcánica constituída por unha gran masa cilíndrica de lava solidificada que ascendeu en estado viscoso pola cheminea do volcán en forma de agulla ou domo.

    4. Pequeno cilindro de pedra, marfil ou barro vidrado, cunha perforación lonxitudinal e coa superficie gravada en oco, que se imprimía facéndoo rodar pola superficie de táboas finas de arxila aínda branda. Tiña un tamaño reducido que facilitou o seu emprego para asinar obxectos ou documentos. Orixinario do país de Sumer, pasou a Siria e Palestina, e chegou ao Val do Nilo na época predinástica.

    5. Formación alongada, que aparece no sedimento urinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punción evacuadora da vexiga urinaria que se realiza mediante un trocar ou unha agulla adecuados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Neutralizar o efecto dunha cousa con outra, que produce un efecto contrario.

    2. Dar algunha cousa a alguén por un dano que se lle causou.

    3. Reducir, en parte ou totalmente, a desviación magnética dunha agulla náutica.

    4. Merecer algunha cousa a pena ou o esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resultado dun feito ou evolución razoable dunha cousa.

    2. Disposición dunha corrente de auga que segue a estrutura xeolóxica, principalmente cando circulan no mesmo sentido ca a inclinación dos estratos.

      1. Conclusión dun razoamento.

      2. Expresión dun consecuente nun condicional, tal como q en “se p, entón q”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de carril que está en contacto coa agulla cando se despraza lateralmente no cambio de vía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pasar un fío, xeralmente mediante unha agulla, a través dun tecido téxtil para xuntar dous anacos ou facer outros labores.

      2. Xuntar os dous bordos dun tecido orgánico mediante puntos de sutura.

      3. Facer a cosedura nunha encadernación.

    1. Realizar labor de costura.

    VER O DETALLE DO TERMO