chapitel

chapitel

fr antigo chapitel lat capitellu, dim de caput ‘cabeza, elevación’

Plural: chapiteis
  1. s m

    Remate dunha torre terminado en punta.

  2. s m [ARQUIT ]

    capitel.

  3. s m
    1. Peza de forma cónica que garda no seu interior unha pedra dura mediante a que o conxunto da rosa e das agullas que conforman o compás descansan sobre o seu eixe.

    2. Parte máis elevada da proa ou da popa dun navío.

  4. s m

    Construción onde se gardan os apeiros de labranza.

Sinónimos

Palabras veciñas

chapín chapinar chapite chapitel chapiza chapizo chapleta