"Scala" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 157.

  • Instrumento idiófono de percusión directa formado por unha ringleira de láminas metálicas que, percutidas por uns martelos, producen un son arxénteo e claro. Comprende dúas ou tres oitavas da escala diatónica ou cromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.

      2. alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.

      3. Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.

      4. Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudos de ensino medio e superior.

      5. Cada unha das partes en que se divide a duración das penas.

      6. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou distancia que separa o padal e a lingua, nunha emisión vocálica normal.

      7. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou marxe de abertura do canal glótico ou supraglótico, nunha emisión consonántica normal.

      8. Cada un dos valores ou nivel de expresión susceptible de ser manifestado por un adxectivo. Distínguense tres graos: o positivo, o comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e o superlativo.

    1. Nome que acompaña os títulos de certos estudos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación mercantil creada para combater os riscos do comercio a grande escala e para fomentar a protección mutua dos comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo homoxéneo de sete notas consecutivas.

    2. Intervalo de sétima na escala musical.

    3. Lira de sete cordas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un sistema musical formado sobre unha escala de sete tons.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hiracoideos.

    2. Mamífero da orde dos hiracoideos.

    3. Orde de mamíferos placentarios, herbívoros, bos escaladores, que presentan almofadas elásticas en pés e mans. OBS: Tamén se denominan damáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tendencia ou principio fundamental da interpretación filosófica que asigna ás ideas, ao ideal e ao espírito, unha posición dominante no conxunto do ser e reduce a existencia ao pensamento.

      2. Conxunto de pensadores que marcaron a pauta na filosofía alemá entre 1790 e 1850, e que teñen como precedente a I. Kant.

      3. Doutrina de Platón que atribúe ás ideas, modelos perfectos e divinos, unha existencia en si mesmas. Considera que os obxectos do mundo sensible son copias das ideas.

      1. Tendencia a idealizar a realidade.

      2. Tendencia a comportarse máis por ideais que por consideracións prácticas.

      3. Tendencia que afirma que a finalidade da arte é reflectir as esencias ou perfeccións arquetípicas, ten que crear un mundo ideal e non repetir a realidade continxente.

      4. Doutrina moral segundo a que o home ten que obrar por un ideal, que afirma a liberdade contra a necesidade moral e que comporta a aceptación duns principios morais, segundo unha escala de valores, en que o universal destaca sobre o particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado do que é ignorante.

    2. Feito de ignorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que comprende todas as partes e todos os elementos.

      2. Aplícase ao método das escolas modernas de filoloxía e de lingüística estrutural que pretende estudar un fenómeno lingüístico dentro do conxunto total do sistema en que este fenómeno se produce.

      1. Relativo ou pertencente á integración.

      2. Resultado da integración dunha función.

      3. Nome do símbolo c utilizado para indicar unha integración.

      4. Forma lineal μ sobre certos espazos vectoriais de funcións, no sentido máis xeral, que asigna a cada función f do espazo un escalar μ(f) nomeado integral de f.

      5. Parte da análise matemática que trata as cuestións relacionadas coa integración dunha función.

      6. Dada unha curva C parametrizada por r(t) no espazo, e unha función vectorial f definida e limitada sobre a curva C, o valor dado pola integral

        cando esta existe. OBS: Tamén se denomina Integral de f ao longo de C.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo entre dúas cousas.

    2. Espazo de tempo entre dous acontecemetos ou momentos.

      1. Conxunto de números reais comprendidos entre dous números reais a e b, chamados extremos.

      2. Conxunto de números máis grandes ou máis pequenos ca un número real dado.

    3. Distancia que separa dous sons na escala musical.

    VER O DETALLE DO TERMO