"Isla" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 124.

    1. Relativo ou pertencente ao Islam.

    2. Seguidor do Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escola mutazilita.

    2. Membro da escola mutazilita.

    3. Escola teolóxica do Islam que tentou harmonizar a revelación coa razón, xurdida no s VIII arredor de Wāṣil ibn ‘Aṭā’ e ‘Amr ibn ‘Ubayd en Basora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mutilar.

    2. Perda de xeito irreversible dun órgano ou dunha parte del.

    3. Delito que consiste no corte ou inutilización dunha parte do corpo dunha persoa, gravemente castigado por todas as lexislacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de mutuo.

    2. Asociación, xeralmente voluntaria e imposta como obrigatoria por algunhas lexislacións laborais, de persoas afectadas por uns mesmos intereses e riscos para protexer comunmente os seus intereses e compartir proporcionalmente a cobertura destes riscos por medio dunha contribución de cada asociado en cotas fixas ou variables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina defendida por Nanak, expresada nos himnos que compoñen o núcleo primitivo do seu libro sagrado Granth, que intentaba fundir o hinduísmo e o islamismo nunha fe monoteísta superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha comisión lexislativa que aprobaba ou rexeitaba as modificacións da lexislación de Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao norte.

      1. Relativo ou pertencente aos pobos xermánicos do N de Europa ou ás súas linguas.

      2. Natural ou habitante dos países do N de Europa.

      3. Grupo de linguas xermánicas que comprende todas as linguas escandinavas actuais e as linguas matrices. Inclúe o danés, o sueco, o islandés, o feroés e o noruegués; e o tronco orixinario ou protonórdico.

      1. Relativo ou pertencente á raza nórdica ou aos seus representantes.

      2. Individuo da raza nórdica.

      3. Raza do grupo leucodermo que ocupa, basicamente, o N de Europa e presentan dolicocefalia, talle elevado, os ollos e cabelos claros, a pel branca e a fronte oblicua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos omeias.

    2. Membro da dinastía omeia.

    3. Dinastía árabe dos Banū Umayya que se estableceu en Damasco. O primeiro califa foi Muawiyya, que trasladou a capital de Medina a Damasco (Califato de Damasco) e introduciu o principio dinástico no Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ordenar.

      1. Colección de disposicións reais dadas polos reis de Castela e León na Baixa Idade Media, cando lexislaban de acordo coas cortes.

      2. Conxunto de normas xurídicas dun estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Norma obrigatoria que dita calquera autoridade non lexislativa para o ben público, normalmente as administracións locais no ámbito das súas competencias, aplicando unha lei ou un decreto e que se chama poder regulamentario.

      2. Conxunto de preceptos que regulamentan a vida e o funcionamento de determinados colectivos.

      3. Ordenanza que regula o réxime ou a disciplina do exército.

    1. Soldado que está ás ordes dun oficial para asuntos do servizo.

    2. Empregado subalterno de certas oficinas que se encarga de facer os recados.

    VER O DETALLE DO TERMO