nórdico

nórdico
Plural: nórdicos
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao norte.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos pobos xermánicos do N de Europa ou ás súas linguas.

    2. s

      Natural ou habitante dos países do N de Europa.

    3. linguas nórdicas [LING ]

      Grupo de linguas xermánicas que comprende todas as linguas escandinavas actuais e as linguas matrices. Inclúe o danés, o sueco, o islandés, o feroés e o noruegués; e o tronco orixinario ou protonórdico.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á raza nórdica ou aos seus representantes.

    2. s

      Individuo da raza nórdica.

    3. raza nórdica

      Raza do grupo leucodermo que ocupa, basicamente, o N de Europa e presentan dolicocefalia, talle elevado, os ollos e cabelos claros, a pel branca e a fronte oblicua.