"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

    1. Relativo ou pertencente ao combate.

    2. Que está disposto a loitar pola defensa das súas ideas e dos seus intereses e atacar os contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de combinar ou combinarse.

    2. Conxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.

    3. Peza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.

      1. Agrupación de elementos na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman.

      2. Tipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación.

    4. Reacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único.

      1. Fenómeno que, en glosemática, consiste en que dúas unidades compatibles no discurso non presentan ningún tipo de dependencia recíproca.

      2. Secuencia regular de fonemas, produto da distribución destes. A sílaba é a combinación fonemática máis elemental.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Poñer xuntas diversas cousas para formar outra distinta ou unha cousa composta.

      2. Xuntar dúas ou máis cousas de maneira que formen un conxunto harmónico.

      3. Concertar accións, medidas ou aspectos para facilitar un determinado obxectivo.

      4. Xuntar elementos entre si ou uns con outros, para formar un composto químico. Tm v pron.

    1. Presentar un resultado adecuado ou harmónico ao xuntarse unha cousa con outra ou outras, ou varias entre si.

    2. Unirse harmonicamente varias cousas ou unha con outra ou outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce enerxía calorífica ou luminosa cando reacciona co osíxeno a unha temperatura determinada ou que se pode transformar despois en calquera outra forma de enerxía que sexa útil para o ser humano. Tm s m, referido a substancia.

      1. Elemento ou composto químico que, por medio dunha reacción, proporciona enerxía útil.

      2. Substancia química de carácter redutor que, conxuntamente cun oxidante, constitúe o propergol destinado a impulsar un foguete.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de queimar algunha cousa ou proceso polo que arde.

      1. Reacción de oxidación que vai acompañada dun desprendemento de luz e calor, con chama (combustión viva) ou sen ela (combustión lenta).

      2. Relación entre o volume de CO e o de CO 2 nos fumes produto da combustión, que indica ata que grao se aparta da combustión completa.

    2. Tempo do ciclo dun motor de combustión interna no que se produce a combustión do carburante que está, mesturado con aire, na cámara de combustión.

    3. Número de quilocalorías que se producen ao combinarse un elemento combustible co osíxeno para formar un composto osixenado. OBS: Tamén se denomina entalpía de combustión.

    4. autocombustión.

    5. Sistema industrial empregado para quentar ou concentrar grandes masas de líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de comisar.

      1. Pena xurídica de confiscación de bens, aplicada polo fisco ás mercadorías prohibidas ou de contrabando.

      2. Pena accesoria ou medida cautelar imposta ao autor dun delito, que consiste na perda ou retención dos instrumentos empregados no feito delituoso ou dos efectos resultantes do acto ilícito.

    2. Conxunto de bens ou xéneros comisados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moble composto dun conxunto de caixóns en toda a parte dianteira que se utiliza para gardar roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento de orientación baseado nas propiedades dos imáns e que se emprega esencialmente para determinar direccións horizontais, a partir da dirección aproximada norte-sur.

      2. Tipo de galvanómetro que ten como órgano móbil un compás colocado no centro dunha bobina, disposta no plano do meridiano magnético.

      3. Goniómetro especial que permite a visión do círculo graduado.

    1. Instrumento para trazar arcos de circunferencia e tamén para medir distancias.

      1. Cada un dos períodos de tempos iguais nos que se marca o ritmo dunha frase musical.

      2. Ritmo ou cadencia dunha obra musical.

      3. Movemento da man co que se marca cada un dos períodos musicais.

    2. Instrumento de medida utilizado en diversas exploracións médicas, especialmente nos diámetros pelvianos e craniais.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que se engade a unha cousa para que estea completa.

    2. Diferenza entre un número enteiro e a potencia de base 10 inmediatamente superior.

    3. Arco ou ángulo que hai que engadir a un arco ou a un ángulo para conseguir un cuadrante ou un ángulo recto.

    4. Sistema composto por encimas relacionados entre eles de maneira que entran en actividade secuencialmente, determinando a formación de substancias de notable importancia no proceso de inflamación.

      1. Elemento funcional da cláusula que mantén unha relación de dependencia con respecto ao verbo e que, desde o punto de vista semántico, vén completar a información proporcionada por este.

      2. Función sintáctica argumental exclusiva da oración pasiva, que desempeña o constituínte equivalente ao suxeito da oración activa correspondente.

      3. Complemento xeralmente non argumental que dá conta das circunstancias en que ten lugar o evento denotado polo verbo.

      4. Función sintáctica argumental que delimita ou precisa o significado expresado polo verbo.

      5. Función sintáctica non sempre argumental que complementa o conxunto formado polo verbo e o obxecto directo, ou o verbo só cando non aparece na oración ningún obxecto directo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por diversos elementos.

    2. Que é difícil de solucionar ou entender pola súa complicación.

      1. Conxunto de establecementos agrupados nunha zona determinada e cunha coordinación común.

      2. Conxunto de industrias agrupadas nunha zona determinada.

      1. Conxunto de tendencias inconscientes que determinan as actividades e o comportamento do individuo.

      2. Calquera preocupación máis ou menos obsesiva provocada polos propios defectos físicos, frustracións ou outras carencias.

    3. Composto químico que contén un átomo ou un ión central, xeralmente dun metal de transición, aceptador de electróns, rodeado dun grupo de ións ou de moléculas (ligandos), doadores de electróns.

    4. Conxunto de asociacións que acostuma ter categoría de biocenose.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO