complemento

complemento

lat complementu ‘complemento’

Plural: complementos
  1. s m

    Aquilo que se engade a unha cousa para que estea completa.

  2. s m [MAT ]

    Diferenza entre un número enteiro e a potencia de base 10 inmediatamente superior.

  3. s m [MAT ]

    Arco ou ángulo que hai que engadir a un arco ou a un ángulo para conseguir un cuadrante ou un ángulo recto.

  4. s m [FISIOL ]

    Sistema composto por encimas relacionados entre eles de maneira que entran en actividade secuencialmente, determinando a formación de substancias de notable importancia no proceso de inflamación.

    1. s

      Elemento funcional da cláusula que mantén unha relación de dependencia con respecto ao verbo e que, desde o punto de vista semántico, vén completar a información proporcionada por este.

    2. complemento axente

      Función sintáctica argumental exclusiva da oración pasiva, que desempeña o constituínte equivalente ao suxeito da oración activa correspondente.

    3. complemento circunstancial

      Complemento xeralmente non argumental que dá conta das circunstancias en que ten lugar o evento denotado polo verbo.

    4. complemento directo

      Función sintáctica argumental que delimita ou precisa o significado expresado polo verbo.

    5. complemento indirecto

      Función sintáctica non sempre argumental que complementa o conxunto formado polo verbo e o obxecto directo, ou o verbo só cando non aparece na oración ningún obxecto directo.

  5. complemento salarial [ECON ]

    Conxunto das partidas retributivas que se engaden ao salario base en atención á concorrencia de determinadas circunstancias.

Citas

  • Luís rompeu o xoguete onte cun martelo na miña casa), A súa clasificación non se sustenta en criterios formais, senón que é de índole semántica e materialízase en inventarios máis ou menos abertos (tempo, modo, lugar, compaña, cantidade, causa, finalidade, instrumento, etc), A súa condición de satélite fai que teña características diferenciais con respecto aos demais complementos, como a ausencia de marcadores funcionais que o identifique ou a posibilidade de que nun enunciado haxa varios, feito que non sucede cos demais complementos nin co suxeito, Asemade, o seu carácter periférico permite unha maior liberdade na colocación dos circunstanciais, sen que as alteracións de orde teñan repercusións na estructura da oración ( Onte Luís na miña casa rompeu cun martelo o xoguete; fronte ao caso dos complementos directo ou indirecto, nos que a anteposición ao verbo implica a aparición obrigada de cadanseu clítico marcador de tales funcións, como en Aos afectados o aviso enviéillelo por correo, fronte a Enviei por correo o aviso aos afectados), Excepcionalmente algúns verbos seleccionan como argumentos especificacións de circunstancia ( Residen en Vigo, Portouse ben), Estes complementos circunstanciais argumentais considéranse nalgunhas teorías gramaticais función á parte, denominada complemento adverbial
  • Merquei o libro moi barato
  • No traballo non confían en ninguén), A complementación que realiza é moi próxima á do obxecto directo, réxime preposicional á parte ( Creo as súas palabras/nas súas palabras, Lembro as súas palabras/Lémbrome das súas palabras), e de feito ambos tipos de obxectos adoitan ser incompatibles na mesma oración, aínda que en ocasións aparecen xuntos ( Confunde a fame coas ganas de comer), Asemade existe un obxecto preposicional non rexido, no que a complementación, similar tamén á que fai o obxecto directo, vai introducida pola preposición en, non seleccionada polo verbo ( Leva toda a mañá lendo no libro), Este é un complemento bastante característico do galego, usado moi frecuentemente en oracións de aspecto durativo, non terminativo ( Comín no queixo, non é o mesmo ca Comín o queixo), e incompatible co obxecto directo na mesma oración, Ambos tipos de obxecto preposicional non deixan resto pronominal átono ningún (fronte ao que ocorre cos obxectos directo e indirecto) e só son substituíbles pola preposición máis un pronome tónico ( Lémbrome delas, Comín nel)
  • O bolso é un complemento que ten que ir de acordo cos zapatos, As especias son un complemento da comida
  • O ladrón foi detido polo garda vs O garda detivo o ladrón), Vai por regra precedido da preposición por (marca desta función), aínda que nalgúns casos excepcionais, con determinados participios, tamén admite de ( É sabido de todos que el foi o autor), Cando a pasiva se usa como construcción impersoal omítese o complemento axente ( O premio foi declarado deserto)
  • O libro era moi barato + Merqueino así), Segundo a función sintáctica do substantivo ao que fai referencia distínguese entre predicativo de suxeito ( As augas baixan revoltas) e predicativo de complemento directo ( Deixaron as camas feitas), A supresión deste complemento deixa como resto un adverbio así, (ou raramente o pronome neutro invariable iso: Elixiron a María deputada/Elixírona iso), Non adoita ser un complemento argumental, aínda que ás veces si o é ( Considero a María moi válida)
  • pousar selecciona tres argumentos: Anabel pousou o libro na mesa); o primeiro argumento é sempre o suxeito na oración activa; os restantes argumentos desempeñan todos funcións de complementos, Ademais dos argumentos nas oracións poden aparecer tamén complementos satélites, non esixidos polo predicado, que achegan especificacións adicionais e facultativas, xeralmente de circunstancias (lugar, tempo, etc) que fan referencia ao conxunto da oración ( María le un libro no chan), Un complemento argumental pode ser obrigatorio ( Residen en Caracas/*Residen) ou prescindible, cando se pode deixar sen especificar ( Estivo lendo un libro/Estivo lendo), Non obstante , os satélites son sempre facultativos e, polo tanto, prescindibles
  • Pousei os libros na mesa/Pouseinos na mesa); no caso de ir o obxecto directo anteposto ao verbo adoita aparecer o clítico, ademais do complemento, sen substituílo ( Os libros pouseinos na mesa), Vai introducido pola preposición a cando é un pronome persoal tónico ( Vina a ela en Padrón), un nome de parentesco ( Vin a teus pais) e case sempre cos nomes propios de persoa ( Vin a Uxía onte, aínda que tamén é posible Vin Uxía), Tamén pode ser necesaria a marca preposicional a noutros casos nos que o obxecto directo se poida confundir co suxeito, por alteración da orde sintáctica normal ( O león matou o tigre/ Matou o león ao tigre), Nas oracións que admiten voz pasiva, os elementos que desempeñan a función de obxecto directo na activa pasan a funcionar como suxeito na pasiva ( O tigre foi matado polo león), Tamén se denomina abreviadamente complemento directo ou obxecto directo
  • Prestoulle un libro) ou ben acompañándoo sen substituílo ( Prestoulle un libro a María), Vai sempre introducido pola preposición a, As frases preposicionais con para non deben ser analizadas como obxectos indirectos, a pesar da súa eventual semellanza semántica con esta función (compárese: Merquei este libro para María/Merqueille este libro a María), Tamén se denomina abreviadamente complemento indirecto ou obxecto indirecto
  • Residen en Vigo), modais ( Portouse ben) e de magnitude ( A árbore mide dez metros, A película dura dúas horas)