"sin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1761.

  • Insecticida sintético e pouco tóxico que é activo contra os insectos que resisten o DDT.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alfabetizar.

    2. Proceso polo que un individuo adquire a capacidade de escribir o propio nome, ler textos sinxelos e realizar operacións aritméticas elementais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en orde alfabética unha serie de letras ou un conxunto de palabras.

    2. Ensinar a unha persoa a ler e a escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo artificial e heteroxéneo de seres vivos fotosintetizadores, con tipos morfoloxicamente moi variables. Diferéncianse das plantas por ser talófitos, ao non presentar tecidos ben estruturados, e vexetais non vasculares, ao non ter vasos condutores. Aínda que todas as algas son autótrofas, non todas son verdes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aliar ou aliarse dous ou máis pobos, organizacións, persoas ou cousas.

    2. Conexión ou parentesco contraído por matrimonio.

    3. Anel de casamento.

    4. Grupo de asociacións vexetais relacionadas por un número significativo de especies comúns.

    5. Forma de cooperación estreita entre estados, materializada nun acordo ou tratado político ou militar.

      1. Pacto ou unión entre nacións ou entidades cun determinado fin, regulado polo dereito internacional.

      2. Acordo entre diversos partidos políticos a nivel electoral ou parlamentario para formar un goberno de coalición.

    6. Pacto de unión entre Deus e o pobo de Israel na tradición bíblica.

    7. Agrupación de solos segundo a natureza química da parte mineral do filtro do solo.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aliña.

    2. Instrumento mediante o que un só operador pode intercalar un punto sobre unha aliñación determinada por dous sinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña nova escrita para abrir parágrafo ou cada un dos apartados que se realizan dentro dun texto, sinalado mediante un sangrado ou mediante unha letra ou número que indican cambio de tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fragmento musical de ritmo moi vivaz.

    2. Fragmento escrito neste ritmo. Adoita constituír o primeiro tempo, ás veces tamén o último, da sonata, a sinfonía e o concerto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Principio vital dos seres viventes, especialmente o home.

    2. Principio que aparece no ser humano e que o caracteriza como persoa e individuo.

    3. Persoa ou grupo de persoas.

    4. Sentimento fondo co que se realizan as cousas.

    5. Parte esencial dunha cousa.

    6. Parte interior dos obxectos que os reforza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido de ferro vermello, terroso, empregado en pintura.

    2. Sinal feito sobre un obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO