"sentado" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 106.

  • Doutrina segundo a que soamente hai unha substancia, respecto á que se nega toda outra substancia ou simplemente se reduce á manifestación da outra. Fundamentalmente reducionista, o monismo pódese dividir en dous tipos: o místico, con Plotino como representante típico, e o panteísta, representado por Spinoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Subir a unha cabalaría ou a un vehículo. Tm v t.

    2. Pórse unha cousa sobre outra. Tm v t.

    3. Ir sentado sobre un animal ou un vehículo. Tm abs.

    4. Cubrir o macho á femia.

      1. Colocar correctamente as partes ou pezas que forman un obxecto para que este funcione.

      2. Unir ordenadamente as secuencias dunha película obtidas por separado.

    5. Instalar algo nun sitio.

    6. Establecer algo.

    7. Organizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fin da vida.

    2. Fin de algo ou dunha actividade.

    3. Delito que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.

      1. Símbolo da morte representado, xeralmente, por un esqueleto humano cunha gadaña ou por unha caveira centrada sobre unha aspa de dous ósos iguais.

      2. Representación plástica da morte.

    4. Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa.

    5. Privación da benaventuranza, da vida eterna.

    6. Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, desde a que Nietzsche desenvolve a reflexión desta filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento patolóxico típico dalgunhas formas de esquizofrenia catatónica, que se caracteriza por unhas actitudes contrarias ás que se podía esperar dos estímulos presentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo que consiste en avanzar por un taboleiro onde están debuxadas, formando unha espiral, sesenta e tres casas numeradas, en que hai representados obstáculos e puntos de azar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que se ofrece a alguén.

      1. Don ou servizo que se ofrece á divindade por expiación ou en sinal de adoración.

      2. Pan e viño da eucaristía, presentados polos fieis no momento do ofertorio ou ao comezo da misa.

      3. Obxectos ou esmolas que se presentan ao sacerdote como sacrificio expiatorio ou para contribuír aos gastos do culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Drama concibido para ser representado con texto cantado, acompañamento orquestral, cos elementos escénicos habituais do teatro, e que adoita ir precedido dunha introdución instrumental. 2

    1. Xénero que está constituído por este tipo de obras.

    2. Teatro onde se representan as óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos opilións.

    2. Arácnido da superorde dos opilións.

    3. Superorde de arácnidos con opistosoma asentado e claramente segmentado. As súas patas motoras son moi longas e finas, e tamén adoitan selo os seus pedipalpos. Son preferentemente higrófilos e carnívoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar dedicado á pregaria, que comprende desde as capelas autorizadas para a celebración da misa ata simples altares destinados á veneración dos fieis.

    2. Drama musical de tema relixioso, creado inicialmente para ser representado.

    3. Congregación de presbíteros fundada por san Filipe de Neri. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    4. Institución fundada polos salesianos encamiñada á diversión dos mozos os días de festa, consistente en xogos, veladas literario-musicais e oracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispnea intensa que impide ao enfermo manterse prostrado, e que o obriga a incorporarse e a manterse sentado ou dereito, co tórax erecto, para poder respirar.

    VER O DETALLE DO TERMO