oratorio

oratorio

lat tardío oratorĭu

Plural: oratorios
  1. s m [RELIX ]

    Lugar dedicado á pregaria, que comprende desde as capelas autorizadas para a celebración da misa ata simples altares destinados á veneración dos fieis.

  2. s m [MÚS ]

    Drama musical de tema relixioso, creado inicialmente para ser representado.

  3. s m [RELIX ]

    Congregación de presbíteros fundada por san Filipe de Neri. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

  4. oratorio festivo [RELIX ]

    Institución fundada polos salesianos encamiñada á diversión dos mozos os días de festa, consistente en xogos, veladas literario-musicais e oracións.