"ptero" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 323.

    1. Relativo ou pertencente aos cicindélidos.

    2. Coleóptero da familia dos cicindélidos.

    3. Familia de coleópteros adéfagos, de cor verde metálica, con pintas vermellas e brancas. Son depredadores, viven en lugares areosos, nas marxes de campos cultivados e nos claros dos bosques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ciclorrafos.

    2. Insecto da suborde dos ciclorrafos.

    3. Suborde de insectos, da orde dos dípteros, que se caracterizan porque a forma adulta emerxe dunha fenda que racha plenamente a cuberta pupal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cigópteros.

    2. Insecto da suborde dos cigópteros.

    3. Suborde de insectos odonatos que, en estado adulto, presentan catro alas de igual tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto da orde dos dípteros pertencente á familia dos culícidos ou á dos psicódidos, que presentan o aparato bucal transformado nun peteiro que ás femias lles serve para zugar sangue dos vertebrados e conseguir así o suplemento enerxético necesario para dar lugar a ovos viables e aos machos para sorber néctar nas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos císidos.

    2. Insecto da familia dos císidos.

    3. Familia de coleópteros de cor castaña ou negra e con forma de bocoi, que se alimentan de cogomelos ou de materiais en descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cléridos.

    2. Insecto da familia dos cléridos.

    3. Familia de coleópteros depredadores de escarabellos con deseños polícromos e metalizados, corpo peludo e antenas dentadas e engrosadas no extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cóccidos.

    2. Insecto da familia dos cóccidos.

    3. Familia de insectos homópteros á que pertencen as cochinillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coccinélidos.

    2. Insecto da familia dos coccinélidos.

    3. Familia de coleópteros polífagos, de corpo plano por debaixo e abombado por riba. Son de cor escura, con manchas de cores vivas, de forma e número variables. Son grandes devoradores de afídidos e cóccidos, polo que se empregan no tratamento biolóxico destas pragas. Os representantes típicos da familia son as xoaniñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto homóptero da familia dos cóccidos. As femias son ápteras e viven fixadas ás plantas das que se alimentan. Algunhas especies críanse polo interese das súas secreccións, como a cochinilla da laca, que se emprega na fabricación da goma laca, ou a cochinilla da chumbeira, da que se obtén o carmín.

    2. Tipo de carmín que se extrae da cochinilla da chumbeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coleópteros.

    2. Insecto da orde dos coleópteros.

    3. Orde de insectos de metamorfose completa que se caracterizan por presentar, na fase adulta, o primeiro par de alas endurecido, os élitros, que ten perdida a capacidade de axuda no voo pero que serve para protexer o mesotórax, o metatórax e o abdome, e o segundo par de alas membranoso. Constitúen o grupo máis numeroso de animais, que existen nos ecosistemas terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO