cochinilla

cochinilla

cast cochinilla

Plural: cochinillas
  1. s f [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto homóptero da familia dos cóccidos. As femias son ápteras e viven fixadas ás plantas das que se alimentan. Algunhas especies críanse polo interese das súas secreccións, como a cochinilla da laca, que se emprega na fabricación da goma laca, ou a cochinilla da chumbeira, da que se obtén o carmín.

  2. s f [QUÍM ]

    Tipo de carmín que se extrae da cochinilla da chumbeira.